• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Un mar de vida para a ciudadanía. Biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro

Vostede está aquí

Un mar de vida para a ciudadanía. Biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro
Organiza

CEIDA, co apoio da   Fundación Biodiversidad , do   Ministerio para la Transición Ecológica , a través do   Programa Pleamar  da   FEMP.

Datas

2018

Dirixido a

Alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, e 1º e 3º de secundaria dos centros educativos do territorio do Golfo Ártabro, que abrangue os seguintes concellos:  Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada, Bergondo, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene, Ares, Mugardos, Neda, Narón, A Coruña e Ferrol.

Xustificación do programa

O Golfo Ártabro está conformado pola confluencia das Rías de A Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, cun litoral de máis de 200 km de lonxitude e abrangue a 16 concellos. Este espazo marítimo e litoral alberga un rico patrimonio natural e cultural, unha gran variedade de hábitats e ecosistemas e unha elevada biodiversidade: valiosísimos fondos e praderías mariñas, dunas e lagoas costeiras, poboacións de golfiños e baleas, flora e fauna ameazadas, algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica, Espazos Naturais Protexidos, etc.

Esta biodiversidade e patrimonio natural proporcionan á sociedade un elevado número de servizos (provisión de alimentos, protección contra eventos climáticos, ocio e cultura, etc) constituíndo a base sobre a que se asenta unha importante actividade económica. Pero esta área enfróntase tamén a un uso humano intensivo, principalmente no período estival, a causa do turismo recreativo e naútico-deportivo, e isto pode xerar diversos problemas de contaminación, interacción negativa coa fauna do lugar ou superar a capacidade de carga dos numerosos ecosistemas, entre outros.

Co obxecto de divulgar a importancia da biodiversidade e servizos dos ecosistemas deste territorio, o CEIDA puxo en marcha no 2018 o proxecto “Un mar de vida para a cidadanía”, co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Programa Pleamar do FEMP. Entre as súas accións, o proxecto inclúe un Programa Piloto de Participación Ambiental para os centros educativos do Golfo Ártabro, con diferentes actividades que pretenden divulgar entre o alumnado a biodiversidade da súa contorna máis próxima, en gran parte descoñecida para eles.

Obxectivos
  • Divulgar a biodiversidade do Golfo Ártabro e a súa importancia.
  • Dar a coñecer os servizos ecosistémicos que aporta a biodiversidade do Golfo Ártabro e a súa relevancia para o benestar humano e a sociedade.
  • Reforzar os vínculos e o sentido de pertenencia do alumnado co seu propio territorio a través do coñecemento do seu valor natural.
  • Provocar, a través do coñecemento e o vínculo emocional do alumnado co seu patrimonio local, unha maior actitude e compromiso cara a conservación do medio ambiente na contorna local.
  • Divulgar, sensibilizar e reforzar as boas prácticas nos usos e actividades do medio mariño.
Actividades

O programa educativo inclúe as seguintes actividades:

  • Charla divulgativa sobre o territorio do Golfo Ártabro: o equipo de educadores do CEIDA impartirá unha charla cun marcado carácter participativo e dinámico na que se presentará o territorio do Golfo Ártabro para descubrir a súa importante biodiversidade e valores naturais, incorporando tamén contidos sobre a cultura e patrimonio marítimos e boas prácticas para a conservación do medio litoral.
  • Dinámica: mediante un xogo co alumnado afianzaranse os conceptos presentados na charla.
Máis información

educacion@ceida.org - 981 630 618

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas