• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Buscando nome para os axudantes do proxecto ZOSTERA

Vostede está aquí

Buscando nome para os axudantes do proxecto ZOSTERA

Buscando nome para os axudantes do proxecto ZOSTERA

Este 2020 o CEIDA puxo en marcha un novo proxecto que ten como obxectivo a divulgación e coñecemento das pradeiras mariñas nas costas galegas e cantábricas: o proxecto  ZOSTERA.  Entre moitas das súas accións, o proxecto inclúe actividades co alumnado dos centros educativos galegos, para poñer en valor e dar a coñecer os beneficios ambientais, económicos e sociais que as pradeiras nos proporcionan. Para iso conta con dous axudantes, unha parella de cabaliños de mar, uns dos moitos seres que habitan e dependen dos sebadais do litoral galego.

Pero hai un problema… os cabaliños aínda non teñen nome ‼️ Queres axudarnos? Debate coa túa familia e amigos cal sería un nome axeitado para cada un deles e fainolo chegar a través das redes sociais:

  • Directamente, nos comentarios das entradas nas redes sociais do CEIDA.
  • Nunha nova publicación, etiquetándonos ou nomeándonos (@ceidagalicia).
  • Enviándonos unha mensaxe privada en calquera das tres redes (Facebook, Twitter ou Instagram).

As persoas participantes que propoñan a parella de nomes máis populares, serán agasallados cun lote de libros, por cortesía do CEIDA, composto por:

  • O libro dos océanos, editado por Catro Ventos.
  • Plasticus Maritimus: unha especie invasora, editado por KALANDRAKA.
  • Un mar de vida para a cidadanía. CEIDA

Ademáis dunha colección de láminas ilustradas por Suso Cubeiro do Castelo de Santa Cruz!

Data límite para participar: domingo 5 de xullo.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas