• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Pradeiras mariñas, tesouros de biodiversidade

Vostede está aquí

As pradeiras de fanerógamas mariñas teñen unha elevada importancia ecolóxica, xa que proporcionan numerosas vantaxes nos hábitats circundantes. Os impactos antropoxénicos aos que están sometidas provocan a súa redución, por iso que, dende hai uns anos, está a incrementarse a creación de programas de seguimento e protección.

Promover a participación da sociedade na conservación das pradeiras mariñas incrementará o coñecemento das mesmas e potenciará entre a opinión pública a necesidade da súa protección. A colaboración con sectores vinculados a estes hábitats permitirá, ademáis, obter información clave que axude a comprender e cuantificar o valor socio-económico que xeran para as comunidades locais, aspecto moi relevante para fomentar esta maior implicación social na súa conservación.

Co fin de concienciar sobre a importancia da conservación das pradeiras de fanerógamas mariñas da costa cántabro-atlántica (Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi), o CEIDA pon en marcha o proxecto 'ZOSTERA. Pradeiras mariñas, Tesouros de Biodiversidade', co que pretende dar a coñecer os beneficios ambientais, económicos e sociais que as pradeiras proporcionan entre a cidadanía, así como a integración de colectivos específicos da poboación local na conservación mediante a aplicación dun programa de seguimento e protección.

Co apoio de

Período de execución

2020-2021

Accións a desenvolver
  • Transferencia de coñecemento sobre pradeiras mariñas cántabro-atlánticas: 
    • Recompilación documental e bibliográfica sobre pradeiras mariñas.
    • Organización dun Seminario sobre a conservación e futuro das pradeiras mariñas.
    • Elaboración dunha publicación técnica.
  • ​Campaña de Educación Ambiental:
    • Programa piloto de Educación Ambiental sobre as pradeiras mariñas.
    • Seguimento anual de pradeiras mariñas intermareais cos centros educativos.
    • Organización dun Congreso Escolar sobre pradeiras mariñas
  • Campaña de Divulgación e Sensiblización:
    • Organización dun Obradoiro sobre boas prácticas en pradeiras mariñas para os sectores pesqueiro, marisqueiro e recreativo.
    • Elaboración dun manual de boas prácticas para a conservación das pradeiras mariñas.
  • Plan de comunicación e divulgación do proxecto.
     
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas