• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Inauguración da exposición 'Ilustradoras de Natureza'

Vostede está aquí

Inauguración da exposición 'Ilustradoras de Natureza'

Inauguración da exposición 'Ilustradoras de Natureza'

Sala de Exposicións do CEIDA

O venres, 8 de novembro, o CEIDA inaugura a exposición 'Ilustradoras de Natureza', que recolle o traballo colectivo de catro artistas (Encarna González, Lara Ingelmo, Marta Miñambres e Sandra Montañés) que, a través da súa sensibilidade e mirada persoal, amósannos distintos aspectos da nosa biodiversidade (o medio mariño, as aves da nosa contorna, as especies en perigo de extinción...). 

O acto terá lugar ás 20 h. na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e contará coa presenza das súas autoras. Ao finalizar, as persoas asistentes serán convidadas a un viño.

A exposición 'Ilustradoras de Natureza' permanecerá na nosa sede ata o vindeiro 4 de xaneiro de 2020.

Máis información sobre a exposición e os artistas en:  http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/ilustradoras-de-natureza

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas