• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ilustradoras de Natureza

Vostede está aquí

Ilustradoras de Natureza
Data
venres, 8 Novembro, 2019 a sábado, 4 Xaneiro, 2020
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Xunta de Galicia

Autor/es
  • Encarna González.
  • Lara Ingelmo.
  • Marta Miñambres.
  • Sandra Montañés.
A exposición e as ilustradoras

A exposición 'Ilustradoras de Natureza' recolle o traballo de catro artistas (Encarna González, Lara Ingelmo, Marta Miñambres e Sandra Montañés) que, a través da súa sensibilidade e mirada persoal, amósannos distintos aspectos da nosa biodiversidade (o medio mariño, as aves da nosa contorna, as especies en perigo de extinción...). 

   

  • Encarna González:

Estudou Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, especializándose na rama de pintura. Dende sempre buscou o Paraíso e sentiu paixón polas aves, son as que a achegan a el, e por eso adícase en corpo e alma a elas. A súa obra é para sempre o Paraíso que se perdeu, o que ten unha Árbore da Vida e o que está cheo de aves. É o noso planeta solitario, procedente de aquel Paraíso, as aves que nos achegan por un instante á Terra Prometida. 

  • Lara Ingelmo:

Deseñadora gráfica e ilustradora profesional, ambos estudos desenvolvéunos na Escola Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. É a creadora da marca  La Chica de la Cinta.  Na súa mostra 'Extinción', Lara recolle 10 especies de flora e fauna que se atopan en perigo de extinción ou xa extintos por causa do ser humano. Con ela pretende facer fincapé en que a Terra é un lugar onde temos que convivir con outros animais, respetalos, coidalos e outourgarlles leis que os protexan.

  • Marta Miñambres:

Oceanógrafa de formación e ceramista de profesión, é a creadora de   Neomys cerámica.  Tras anos de traballo como bióloga en confrarías de pescadores, decidiu facer un cambio e adicarse ao que máis lle gusta: a cerámica e a ilustración. A súa exposición recolle unhas breves pinceladas do seu traballo: Pezas de cerámica creadas en torno oleiro, decoradas con engobes (unha mestura de barro, pigmentos e un pouco de esmalte) e ilustradas; cadros en cor realizados con lápis de cores; ou cadros en branco e negro pintados con rotulador de punta fina.

  • Sandra Montañés:

Graduada en Bioloxía pola Universidade da Coruña e especializada en Bioloxía Mariña na Universidade de La Laguna (Tenerife), actualmente combina a participación en proxectos de investigación, principalmente na conservación das poboacións de cetáceos, coa práctica e o prefeccionamento de ilustracións naturalistas do medio mariño, tratando de dar a coñecer a biodiversidade mariña e a importancia da súa conservación. Na súa colección mostra algunhas das especies mariñas presentes nas nosas costas, e as súas relacións con outras, realizadas mesturando a técnica de acuarela en papel coa ilustración en papel dixital.

Horario de visita
  • Luns a venres, de 9 a 14 h. 
  • Sábados, de 11 a 14 h.
  • Pechado festivos e domingos.
  • Entrada gratuita.

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas