• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Novo Programa de Educación Ambiental: Para unha Transición Ecolóxica

Vostede está aquí

Novo Programa de Educación Ambiental: Para unha Transición Ecolóxica

A provincia da Coruña conta con dous parques naturais protexidos, o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha reserva de biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces pasan desapercibidos polas poboacións da mesma provincia. Por este motivo, o CEIDA, co apoio da Deputación da Coruña, acaba de poñer en marcha o programa 'Para unha Transición Ecolóxica', que pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á conservación.

Máis información:   http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/parques-naturais-e-reserva-de-biosfera-da-provincia-da-coruna

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio