Este proxecto desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura).
A finalidade do proxecto NORAVES é realizar unha completa avaliación da mortalidade accidental de aves mariñas en artes de pesca na Demarcación Mariña Noratlántica, especialmente nas súas Zonas de Especial Protección para as Aves. Conta con catro bloques principais: análise espazo-temporal da actividade pesqueira na Demarcación; seguimento de especies obxectivo e descrición do uso espazo-temporal das augas mariñas; análise conxunta de ambas as fontes de información para a descrición de interaccións aves-pesca e zonas de solapamento, así como unha completa avaliación da mortalidade accidental; ensaio e proposta de medidas de mitigación e xestión para administracións e sector pesqueiro. Destacan como aspectos clave do proxecto a innovación, a participación do sector pesqueiro, a xeración de coñecemento técnico-científico de calidade e a cooperación entre entidades públicas e privadas e a continuidade e cooperación cofinanciados pola Fundación Biodiversidade.
Este é o informe final de resultados do proxecto.
Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org