• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Pequenos xestos que implican unha gran solución. O lixo mariño (Programa para unha Transición Ecolóxica)

Vostede está aquí

Pequenos xestos que implican unha gran solución. O lixo mariño (Programa para unha Transición Ecolóxica)
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivo xeral

A problemática do lixo mariño está presente en todo o mundo, pero de xeito desigual e tamén inxusto en termos da súa orixe, medra cada ano e afecta a todos os ecosistemas e especies mariñas. Incluso a aquelas que nen sequera sabemos que existen aínda.

Co programa “Para unha Transición Ecolóxica” desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, aprenderemos como chegan os residuos aos oceános, cal é a súa orixe e as causas, nomeadamente  aquelas estruturais dun sistema de consumo e de xestión de residuos actuais que provocan esta situación, as últimas políticas nacionais e internacionais para a súa redución, etc. Coñeceremos máis sobre o impacto que estes residuos xeran nas especies mariñas e en toda a cadena trófica ata chegar a nós, e reflexionaremos sobre as posibles actitudes que como mocidade poden ter ante esta problemática: desde o xesto máis aparentemente pequeno e individual ata aquelas outras accións colectivas necesarias para que podan herdar uns océanos limpos e sans. 

Obxectivos específicos
  • Identificar esta problemática e as súas causas, sendo capaz de entendela, e ollala de xeito crítico.
  • Coñecer os impactos negativos que xeran as nosas actividades cotiás na xeración de residuos.
  • Traballar e implicarse no desenvolvemento das posibles solucións que nos poden levar a unha mitigación e corrección deste grave problema ambiental.
Dirixido a

Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional de toda a   provincia da Coruña.

Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA:   educacion@ceida.org

Actividades

O programa inclúe as seguintes actividades:

  • Primeira sesión:
    • Actividade no centro educativo sobre a problemática do lixo mariño. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos reducir ou tentar mitigar os seus efectos.
    • Duración da charla: 50 minutos.
  • Segunda sesión, con dúas opcións:
    • Opción 1:
      • Revisión do estado dunha praia e limpeza: Visita a unha praia cercana ao centro educativo onde realizamos un inventariado dos residuos que podemos atopar na praia, seguindo metodoloxías de Ciencia Cidadá, e anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ao remate facemos un cálculo do total e unha análise colecitva sobre o atopado. 
      • Duración: 1 hora e media – 2 horas.
    • Opción 2:
      • Obradoiro de Crebeirxs: Actividade onde levamos á aula o material que se pode atopar nunha praia e, mediante unha breve presentación, trataremos de chegar á súa orixe, ó seu uso, por qué acabou no mar, por qué non se xestionou correctamente, que outras alternativas teríamos,... Debater sobre o “greenwashing” e as posibilidades que temos para levar a cabo a loita contra esta problemática.
      • Duración: 50 minutos.
  • Terceira sesión (opcional):
    • ​Naqueles centros que despois da realización da actividade na praia, os mozos e mozas quedaron impactados coa problemática e que teñen interese nunha terceira sesión, propoñemos un obradoiro de reflexión colectiva que permita asentar os contidos, reflexionar sobre o modelo de produción imperante, e que permita a procura de solucións e accións tanto individuais como colectivas.
    • Duración: 50 min.
Contidos
  • A cultura oceánica
  • Os mares e océanos: imprescindibles no presente, pero tamén para o noso futuro.
  • Problemáticas que afectan aos océanos:
    •  Cambio climático.
    •  Sobrepesca e perda de biodiversidade.
    •  Explotación industrial.
    •  Os residuos: Lixo mariño.
  • Impactos do lixo mariño:
    • Impactos ambientais.
    • Impactos socioeconómicos.
  • Que podemos facer...porque si que podemos facer!
Período de realización e custo da actividade
  • Curso 2025-206:
    • As reservas poden realizarse para o período de setembro a decembro de 2025.
    • Para as actividades de xaneiro a xuño de 2026 abrirase o seu prazo de solicitude correspondente.
  • A realización das mesmas é gratuita para todos os centros educativos, agás os gastos de transporte que corren a cargo do centro solicitante.
Material complementario
  • Guía de Recursos Educativos sobre Lixo Mariño, elaborada pola Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, que inclúe recursos dispoñibles en formato físico que se atopan en préstamo no centro, e materiais electrónicos que se poden descargar directamente dende a Rede.   Descargar guía
  • Maletas mariñeiras: explorando os océanos, dispoñibles en préstamo, que inclúen guías informativas e libros ilustrados co fin de dar a coñecer e promover a cultura mariña e o coñecemento dos océanos na comunidade educativa.    Máis información
  • Exposición itinerante 'Coidando o noso mar', dispoñible en préstamo.    Máis información
Solicitudes
  • As solicitudes realizaranse a través do formulario.
  • Máis información sobre este programa:  educacion@ceida.org  -  981 630 618

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio