• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

«Mundos agochados», un novo programa de educación ambiental para descubrir a natureza que nos rodea

Vostede está aquí

«Mundos agochados», un novo programa de educación ambiental para descubrir a natureza que nos rodea

«Mundos agochados», un novo programa de educación ambiental para descubrir a natureza que nos rodea

Curso 2026-2027

«Mundos agochados» é o novo programa de educación ambiental do CEIDA, unha proposta que convida a achegarse á natureza de proximidade e a descubrir a biodiversidade que habita nas nosas contornas cotiáns.

O programa nace co obxectivo de achegar a natureza próxima ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. Porque, moitas veces, para descubrir a riqueza natural que nos rodea non é preciso ir moi lonxe: abonda con aprender a mirar e observar o que temos ao noso redor.

A través de diferentes hábitats —costas, rías, bosques e xardíns—, «Mundos agochados» propón explorar os espazos naturais próximos desde diferentes perspectivas e descubrir as especies, relacións ecolóxicas e paisaxes que forman parte do noso día a día.

A proposta está composta por sete actividades de educación ambiental que combinan ciencia, cultura e participación en formatos diversos. Percorridos guiados, experiencias de observación e xogos colectivos permiten achegarse á biodiversidade dun xeito activo, participativo e adaptado a diferentes públicos. A literatura e a tradición oral teñen tamén un papel destacado no programa, como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza e recuperar historias, palabras e saberes vinculados ao territorio. Porque coñecer a nosa contorna tamén significa escoitar as voces e relatos que o acompañaron ao longo do tempo.

«Mundos agochados» propón así unha mirada diferente sobre os espazos que habitamos: descubrir o extraordinario no cotián, comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar da riqueza natural que existe ao noso redor. 

Máis información de cada unha das actividades: 

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio