• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática

Vostede está aquí

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivos

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo pola comunidade científica. En resposta a este consenso, en xaneiro de 2020 o goberno declarou a Emerxencia Climática como punto de inflexión para posta en marcha de accións que permitan avanzar na redución, mitigación e na inevitable adaptación aos escenarios climáticos actuais.

O programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, achega ao público participante a realidade científica que hai detrás da Emerxencia Climática, para mobilizala como axentes actuais e no futuro a prol dunha humanidade que loita e coida por todas as formas de vida. 

Obxectivos específicos
  • Entender as problemáticas das cales deriva a emerxencia climática e como esta nos afecta.
  • Dar a coñecer os escenarios futuros nos que nos poderiamos atopar de non comezar a actuar de contado.
  • Coñecer as ferramentas que posuímos para mitigalo e revertelo individualmente e como sociedade.
Dirixido a

Entidades sociais da Provincia da Coruña. Para entidades de fóra da provincia, consulta as condicións e disponibilidade en  educacion@ceida.org  ou no 981 630 618

 

Actividades

O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:

  • Primeira sesión:
    • Actividade na sede da entidade sobre a problemática da emerxencia climática. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos.
    • Duración: 50 minutos.
  • Segunda sesión:
    • Actividade práctica de reflexión colectiva sobre a nosa pegada ecolóxica e sobre as vías de participación e actuación cidadá, nomeadamente da mocidade, no contexto da emerxencia climática que vivimos.
    • Duración: 50 minutos.
Período de realización e custo da actividade
  • Curso 2025-206:
    • As reservas poden realizarse para o período de setembro a decembro de 2025.
    • Para as actividades de xaneiro a xuño de 2026 abrirase o seu prazo de solicitude correspondente.
  • A realización das mesmas é gratuita para todos os centros educativos, agás os gastos de transporte que corren a cargo do centro solicitante.
Solicitudes
  • As solicitudes realizaranse a través do formulario.
  • Máis información sobre este programa:  educacion@ceida.org  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio