• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Clube de lectura

Vostede está aquí

O clube de lectura CLOROFILA é unha invitación para achegarse á natureza a través da literatura. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura.

Mais CLOROFILA é, sobre todo, un espazo para coñecernos e gozar das lecturas verdes, para o diálogo colectivo, para compartir, para falar de forma distendida e poñer en común temas ambientais e sociais que nos afectan a todos.

Está dirixido a todas aquelas persoas que lles guste ler, non buscamos un público experto nin comentarios especializados, só persoas dispostas a compartir con nós as súas impresións tras a lectura das obras propostas. 

O grupo de lectura ofrece 12 prazas, e en cada convocatoria abrimos as sesións para que as persoas interesadas poidan anotarse e recoller un exemplar do libro, que sempre atoparán dispoñible en préstamo na nosa biblioteca verde.

CLOROFILA forma parte do clube de lecturas da Red de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en castelán. Non obstante, trataremos de incluír obras en galego.

Para máis información:  documentacion@ceida.org  - 981 630 618

 

Neste momento estamos lendo: 

EL ESTORNINO DE MOZART

Autora: Lyanda Lynn Haupt

Data da sesión: mércores, 10 de abril de 2024.

Hora: 19 h.

Sinopse: contan que o 27 de maio de 1784, Wolfgang Amadeus Mozart atopouse nunha tenda viensea cun coqueto estornino que estaba a cantar unha versión improvisada do seu Concerto para piano nº 17 en sol maior. Atraído polo seu canto, mercouno e levouno á casa como mascota. Din que compartiu a súa vida con este estornino durante tres anos, influíndo na súa obra, servíndolle de compañeiro, distracción e ata inspiración. Dous séculos despois, os estorninos son despreciados por moitas persoas en Norteamérica, por tratarse dunha especie  invasora non autóctona nesta país. Invaden hábitats, compiten coas aves locais, destrozan os cultivos… A ornitóloga e naturalista Lynn Haupt, coñecedora da historia do estornino de Mozart, decide rescatar unha cría de estornino, e convivir con ela, quedando prendada pola súa intelixencia e espíritu xoguetón! Neste ensaio naturalista que mistura historia, filosofía, autobiografía, música… a autora entrelaza a súa investigación persoal coa historia do compositor austríaco, ofrecendo unha insólita ollada á amizade entre os humanos e os animais, o mundo secreto dos estorninos e a natureza da inspiración creativa..

Máis información do autor:  https://capitanswing.com/autores/lynn-haupt-lyanda

 

Estas son as lecturas que xa limos no clube:

     

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio