• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú Literario

Vostede está aquí

Vivimos unha época de grandes cambios, onde a tecnoloxía e, moi especialmente Internet, irrompeu na nosa vida cotiá. A pandemia incrementou a utilización de todo tipo de ferramentas tecnolóxicas, e a maior parte chegaron para quedar. As persoas estamos máis conectadas que nunca mais, ao mesmo tempo, vivimos illadas do mundo natural que nos rodea, con todos os efectos negativos que isto supón. É urxente, por tanto, que a cidadanía re-conecte coas contornas verdes, con todas as formas de vida que temos preto e que podemos tocar, cheirar ou escoitar. A lectura pode ser un bo vehículo de achegamento ao medio natural, pero se esta se realiza ao aire libre, o vínculo emocional increméntase. E se a estes dous praceres do ser humano, lectura e natureza, sumámoslle un terceiro ingredente, o pracer da comida, a maridaxe pode ser idónea para marabillarse e sentir a natureza dunha forma diferente.

O Centro de Documentación do CEIDA puxo en marcha no 2021 o Ecomenú Literario, actividade de lectura en voz alta para achegarse á natureza a través dos libros e das palabras. O seu obxectivo é crear un espazo para a lectura colectiva e a reflexión e para reconectar co medio natural máis próximo. A actividade está pensada para realizarse ao aire libre, con público adulto, en grupos de 12-15 persoas, co fin de crear un ambiente familiar e cómodo entre as persoas participantes.  

    

 

Actividades realizadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio