O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os centros educativos varias coleccións de libros para achegar o medio natural ao seu alumnado. Con elas pretende dar a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna máis próxima e fomentar a realización de actividades ao aire libre nos centros de ensino.
O préstamo das maletas viaxeiras é gratuito para todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, que poderán dispoñer dos materiais durante 1 mes (incluindo as datas de envío e devolución).
![]() |
Descrición: A maleta naturalista inclúe guías de flora, fauna e fungos, cadernos de campo, e outros recursos didácticos que sirven de apoio ao traballo docente nas aulas. Son unha boa ferramenta para achegarse á natureza e poden empregarse como fontes de información de referencia á hora de realizar saídas de campo ou excursións cos alumnos. Dirixidas a: Educación Primaria e Secundaria. Descarga o listado de recursos que inclúe a maleta naturalista. Accede ao formulario de solicitude. |
![]() |
Descrición: A maleta literaria é unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, mais tamén para a animación á lectura, para imaxinar, divertirse, e emocionarse coas súas personaxes e historias. A maleta literaria pretende que os nenos e nenas de idades temperás se acheguen a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan. Coñecerán criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza. Dirixidas a: Segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. Descarga o listado de recursos que inclúe a maleta naturalista. Accede ao formulario de solicitude. |
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org