• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A auga é vida. Water is life

Vostede está aquí

A auga é vida. Water is life
Data
xoves, 12 Abril, 2018 a mércores, 30 Maio, 2018
Horario
  • Luns a venres: 9 a 14 h.
  • Sábados: 11 a 14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Produce

Departamento de Asuntos Económicos y Sociales de Naciones Unidas (ONU-DAES)

Colabora

Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)

DESCRICIÓN

884 millóns de persoas no mundo carecen de acceso seguro a auga potable e máis de 2.600 millóns de persoas carecen de acceso a un saneamento básico, o que supón o 40% da poboación mundial. Neste contexto, cada ano, cerca de 2 millóns de persoas morren ao beber auga contaminada ou sucia, e a maioría deles son nenos. O 28 de xullo de 2010, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o acceso seguro a unha auga potable salubre e ao saneamento como un dereito humano fundamental para o completo disfrute da vida e de todos os demáis dereitos humanos. 

'A Auga é Vida' é o lema da 2ª edición do Concurso Internacional da Oficina de Nacións Unidas de apoio ao Decenio Internacional para a Acción 'A auga, fonte de vida' 2005-2015 Zaragoza, España, no que estudantes e xoves artistas de todos os continentes sumáronse ao reto de interpretar e expresar coa súa propia arte os grandes retos, conflitos e problemas relacionados coa auga. O resultado foi impresionante: presentáronse 4.862 deseños de artistas de 83 países.

A mostra 'A Auga é Vida' recolle as obras máis destacadas deste concurso. Está formada por 30 carteis gráficos, dos 126 seleccionados, co fin último de concienciar e sensibilizar ao público acerca da problemática da auga no mundo.

Máis información:  http://www.un.org/spanish/waterforlifedecade/poster_expo.shtml 

Primer premio. Pawel Dadok, Polonia    Segundo premio. Jian Jie, China   Tercer premio compartido. Peter Blasl, Austria    Tercer premio compartido. Yanyan Chen, China

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas