• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

As Abellas Silvestres: Garantía de Vida. Actividade didáctica no Día Mundial das Abellas

Vostede está aquí

As Abellas Silvestres: Garantía de Vida. Actividade didáctica no Día Mundial das Abellas
Data
luns, 20 Maio, 2019
Horario

De 12 a 13 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • CEIDA
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Obxectivos

As abellas e outros polinizadores están cada vez máis ameazados polas actividades do ser humano. Estes insectos non só permiten que moitas prantas se reproduzan, son indispensables para conservar a biodiversidade. Co fin de crear conciencia sobre a súa importancia, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio o Día Mundial das Abellas, coincidindo co cumpreanos de Antón Jansa, pioneiro no século XVIII da apicultura moderna na súa Eslovenia natal. 

Esta actividade didáctica pretende dar a coñecer as abellas silvestres e convidar a observar e recoñecer estos insectos, a través dos rastros que indican a súa presenza. Inclúe unha pequena charla introdutoria e un roteiro interpretativo guiado polos xardíns da Illa de Santa Cruz.

Dirixido a

Todos os públicos.

Inscrición
  • Actividade gratuita.
  • Aínda que non precisa inscrición, prégase confirmar asistencia en:  educacion@ceida.org ou no tlf 981 630 618.
     

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio