• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Aves de Galicia

Vostede está aquí

Exposicion Aves de Galicia CEIDA
Produce

Xunta de Galicia

Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 14 paneis de 100 cm de ancho x 200 cm de alto con soportes propios.
  • Materiais didácticos para secundaria e bacharelato.
Descrición

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación ás aves de Galicia para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas.

* Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no mardo do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixo 3, tema prioritario 55.

Paneis
  • Panel 1. Portada
  • Panel 2. A campiña atlántica.
  • Panel 3. As chairas.
  • Panel 4. A praia e o mar.
  • Panel 5. As rías.
  • Panel 6. As montañas.
  • Panel 7. Os ríos e ribeiras.
  • Panel 8. Os acantilados costeiros.
  • Panel 9. As zonas húmidas de interior.
  • Panel 10. A Galicia mediterránea.
  • Panel 11. O medio urbano.
  • Panel 12. As fragas.
  • Panel 13. O calendario das aves.
  • Panel 12. Afección ás aves.
Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas  (incluídos os días de traslado).

Consulta as  condicións   completas para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas