• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Camiños do silencio: Exposición de María Coira

Vostede está aquí

Camiños do silencio
Data
venres, 23 Novembro, 2018 a mércores, 2 Xaneiro, 2019
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Colabora

CEIDA

Autor/es

María Coira

Sobre a exposición

Esta exposición recolle os principais camiños artísticos polos que transitou a pintora María Coira nos últimos 8 anos da súa traxectoria.  

Sobre a autora

María Coira nace nun cruce de camiños. De pai galego e nai vasca. Da man da pintora Nieves Corella é introducida nos círculos artísticos de Bilbao. Aos seis anos coñece a Jorge Oteiza que será para ela un referente artístico e vital. Dende nena se prepara co mestre Olartúa, na escola Leonardo da Vinci e no Museo de Reproducciones. Estudia Belas Artes en Madrid; estudia e traballa con Grau Garriga en Barcelona, con Lucio Muñoz en Madrid; continúa a súa formación con cursos na Escola Masana de Barcelona; curso de Videoarte con Muntadas, no Círculo de Belas Artes de Madrid; e cursos de Fotografía.Traballa no cine con Teo Escamilla e Ricardo Franco. Colabora coa Editorial Visor de poesía. Fai coleccións propias de xoias. A partir do ano 2000, por decisión propia, participa únicamente en exposicións colectivas. Viaxando por Europa e facendo unha longa viaxe á India en 2006.

Críticos/as, escritores/as, outros artistas, mais sobre todo poetas, escribiron sobre María Coira e a súa obra. Na súa páxina web, pódense atopar algúns deses   escritos.

Visitas

Horario

  • Luns a venres, de 9 a 14 h. 
  • Sábados, de 11 a 14 h.

Entrada

  • Gratuita

 

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas