• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Coñece as pradeiras mariñas: visita guiada á praia de Santa Cristina-Oleiros polo Día Mundial dos Océanos

Vostede está aquí

Coñece as pradeiras mariñas: visita guiada á praia de Santa Cristina (Oleiros) polo Día Mundial dos Océanos
Data
venres, 11 Xuño, 2021
Horario

13 h.

Lugar

Praia de Santa Cristina (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Dirixido a

Todos os públicos

Descrición da actividade

Con motivo da celebración do I Congreso Escolar sobre Pradeiras Mariñas, os nenos e nenas participantes dos 5 centros educativos e co apoio dos e das educadoras ambientais do CEIDA,  guiarán unha pequena actividade divulgativa sobre as pradeiras mariñas. A visita desenvolverase na zona interior de ría da Praia de Santa Cristina, e sobre a pradeira aprenderemos que son, onde se atopan en Galicia, que especies as compoñen, porque é tan importante a súa conservación e que beneficios nos proporcionan.

A actividade terá aproximadamente unha hora de duración.

Como o lugar onde se atopa a pradeira mariña é unha zona moi lamacenta, as persoas participantes deberán levar botas de goma, chanclas con boa suxeción ao pé, ou escarpíns e toalla, ademáis dun calzado e muda de reposto.   

Reserva de praza

Debido ás restriccións COVID, a actividade realizarase en grupos reducidos. Imprescindible reservar praza a través do formulario.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio