• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Consume de maneira sostible: defende a soberanía alimentaria (Programa Para unha Transición Ecolóxica)

Vostede está aquí

Consume de maneira sostible: defende a soberanía alimentaria
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
OBXECTIVO XERAL

Desde o CEIDA, co noso programa “Para unha Transición ecolóxica”, defendemos unha agricultura e gandeiría social, sostible e de cercanía, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sá, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademáis, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e económicamente viable.

Dar a coñecer e poñer en valor todo o citado no parágrafo anterior é o obxectivo principal deste programa.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
  • Coñecer o concepto de soberanía alimentaria, como incide no modo de produción dos alimentos que consumimos e na súa orixe.
  • Analizar como un alimento foi producido, que distancia percorreu e as transformacións que sufriu ata chegar á nosa mesa.
  • Entender que a crise alimentaria e climática están provocadas polo modelo actual de producción e consumo, e que tranformar o sector agrario é clave para mitigar moitos dos problemas da nosa sociedade.
  • Recoñecer a labor dos produtores asociados á marca de calidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e outros que traballan por unha produción ecolóxica e local para unha alimentación saudable e sostible.
  • Ter ferramentas e recursos que nos permitan ser críticos/as e tomar decisións que marcan os nosos hábitos alimentarios e de vida.
DIRIXIDO A

Alumnado de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Educación Primaria) e de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º - 4º ESO), Bacharelato, Formación Profesional, e ámbito universitario da  provincia da Coruña.
RECOMENDABLE para últimos cursos de secundaria, bacharelato, FP e ámbito universitario

Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA:   educacion@ceida.org

ACTIVIDADES

As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte construtiva e emocional ten unha gran importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos.  Con este fin utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.

As actividades educativas destinadas aos centros de ensino están vinculadas ao currículo escolar, polo que é convinte organizar a actividade previamente cos/coas profesores/as e completala con accións previas e posteriores na aula.

O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:

  • Primeira sesión:
    • Actividade no centro educativo sobre a soberanía alimentaria. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a importancia dunha agricultura e gandeiría ecolóxicas e sostibles, e a forma que temos entre todos de mudar on nosos hábitos diarios de consumo para axudar a mitigar este problema.
    • Duración: 50 minutos.
  • Segunda sesión:
    • Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, segundo nivel formativo:
      • 5º-6º de Primaria: Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar).
      • 1º-4º de ESO: LABRECOS Soc. Coop. Galega (Cesuras).
      • Bacharelato e FP: a escoller entre Os Biosbardos (Cambre) e Abeiro da Loba (Sobrado).
    • Duración: desde 1h.30min. – 2h. 30min. (segundo o produtor).
CONTIDOS
  • Que é a soberanía alimentaria?
  • Problemas ambientais e sociais da alimentación e consumo actual.
  • A agricultura ecolóxica e os seus obxectivos.
  • Diferencias e semellanzas entre produto natural, ecolóxico, biolóxico ou orgánico. Etiquetado
  • As Reservas da Biosfera e outras figuras de protección como exemplo dunha soberanía alimentaria.
  • Exemplo de produtores da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • Consellos para os teus hábitos diarios de consumo..
CUSTO DA ACTIVIDADE
  • Os gastos da visita e actividades desenvolvidas cos distintos colaboradores serán asumidas polo CEIDA e a Deputación da Coruña durante o CURSO ESCOLAR 23/24. 
  • Só se subvencionará unha actividade por grupo e por centro educativo participante.
  • Os gastos de transporte ata as instalacións dos produtores colaboradores no programa para realizar dita actividade serán asumidos polo centro escolar participante.
  • As solicitudes serán concedidas por rigorosa orde de chegada e o CEIDA se encargará de confirmalo ao centro escolar.
PERÍODO DE REALIZACIÓN

As actividades desenvolveranse durante o curso escolar 2023-2024.

SOLICITUDES
  • As solicitudes realizaranse a través do formulario.
  • Máis información sobre este programa:  educacion@ceida.org  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio