• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Descubre a Rede Natura 2000 en Galicia

Vostede está aquí

Descubre a Rede Natura 2000 en Galicia
Organiza

Xunta de Galicia

Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 12 paneis (100 cm de ancho x 200 cm de alto) con soportes propios.
  • Folletos divulgativos
Descrición

A Rede Natura 2000 é unha rede coherente de Espazos Naturais Protexidos creada coa finalidade de conservar ou restaurar a un estado de conservación favorable á fauna e flora europea e os seus hábitats. Mediante esta ferramenta de conservación común a todos os países europeos preténdese, non só conservar o patrimonio natural da Unión Europea, senón tamén garantir a sostibilidade tendo en conta as necesidades económicas, sociais, culturais e rexionais.

Na actualidade está formada por mais de 27.000 zonas, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo. Os espazos que a integran defínense como Zonas Especiais de Conservación (ZEC) pola súa importancia para a conservación das hábitats e especies de interese comunitario,ou Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), destinadas á conservación das aves silvestres e migratorias de Europa.

A Rede Natura está composta en Galicia por 59 ZECs e 16 ZEPAs, que abarcan o 12% da superficie do país, dende os espazos litorais ata a alta montaña. Nestes espazos atopamos unha magnífica representación da biodiversidade e da riqueza natural e paisaxística de Galicia, ademáis de oportunidades para o desenvolvemento rural e diversos beneficios para a sociedade.

  • Por que esta exposición?

Malia a súa importancia nos eidos territorial, socioeconómico ou ambiental, a Rede Natura 2000 é unha grande descoñecida para unha parte da sociedade.

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a función, finalidade e obxectivos da Rede Natura e dos espazos que a integran.

Nela atoparás a distribución das ZEC e ZEPA de Galicia, a súa tipoloxía e principais características, e as especies máis relevantes que nelas habitan. Tamén descubrirás os beneficios sociais que a Rede Natura 2000 aporta á sociedade, baseados nos servizos dos ecosistemas, e a oportunidade que supón a conservación destes espazos para o desenvolvemento territorial, a conservación das actividades tradicionais e a xeración de emprego.

Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Paneis

Panel 1: Descubre a Rede Natura 2000 en Galicia     Panel 2: A Rede Natura 2000 protexe os hábitats e especies máis ameazados de Europa     Panel 3: Máis de 27.000 zonas protexidas forman a rede de espazos naturais máis ambiciosa do planeta     Panel 4: A Rede Natura 2000 en Galicia     Panel 5: A Rede Natura 2000 do noso litoral atesoura especies e hábitats únicos     Panel 6: No país dos 10.000 ríos, a Rede Natura 2000 protexe os seus mellores tesouros naturais

Panel 7: As áreas de montaña teñen unha grande importancia na conservación da nosa biodiversidade     Panel 8: As ZEPAs axudan á conservación das aves máis ameazadas de Galicia     Panel 9: A RN2000 achega beneficios ambientais dun valor incalculable para a nosa sociedade     Panel 10: A conservación da RN2000, unha alternativa socioeconómica ao abandono rural     Panel 11: O Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia     Panel 12: A túa colaboración é importante para conservar a Rede Natura 2000 en Galicia
 

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as  condicións  completas para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas