• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Ecomenú Literario Outubro: mes das aves

Vostede está aquí

Ecomenú Literario Outubro: mes das aves
Data
mércores, 6 Outubro, 2021
Horario

17 h.

Lugar

Xardíns do Castelo de Santa Cruz (Oleiros). En caso de que o tempo non permita realizar a actividade no exterior, terá lugar nalgunha das estancias interiores do Pazo.

Organiza

Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, CEIDA

Dirixido a

Público adulto.

Inscrición

A actividade realizarase en grupo reducido. Imprescindible reservar praza a través do formulario.

Descrición da actividade

Actividade de lectura en voz alta para achegarse á natureza a través dos libros e das palabras. Como outubro é o mes das aves (Día Mundial das Aves a primeira fin de semana, e Día das Aves Migratorias, a segunda), nesta ocasión, as persoas convidadas gozarán da degustación dun menú literario deseñado para aproximarse ao mundo das aves e marabillarse con elas dunha forma diferente.

O obxectivo do Centro de Documentación Ambiental do CEIDA é crear un espazo para a lectura colectiva e a reflexión e para reconectar co medio natural que nos rodea.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio