• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Emerxencia climática: feitos e datos

Vostede está aquí

Emerxencia climática: feitos e datos
Exposición orixinal

Centre d'Educació Ambiental de la Comunitat Valenciana (CEACV)

Adaptación de textos e traducción ao galego
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Características da exposición
  • 17 paneis de 200 x 100 cm.
  • Tríptico sobre a exposición.
  • Folleto divulgativo.
  • Unidade didáctica.
Descrición

O 6 de setembro de 2019 o Consello de Ministros presentou a Declaración de Emerxencia Climática, asumindo a responsabilidade de dotar dun maior impulso a loita contra o cambio climático. Esta declaración pretende abordar formalmente a emerxencia climática, a crise ecolóxica e dar respostas ás demandas da sociedade civil. Do mesmo xeito, na Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, defínese como elementos clave para iniciar o camiño dunha sociedade descarbonizada e resiliente ante os efectos do cambio climático. Tamén describe como necesarias as iniciativas de educación ambiental que se realizan ao longo do territorio que serven de marco teórico-práctico para iniciativas como a desta exposición.

'Emerxencia climática: feitos e datos', enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:

  • Bases de Coñecemento climático,
  • Dende o Global ata pisar o noso territorio,
  • Motivos para a esperanza proposta de acción e
  • Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.

O obxectivo último da mostra é achegar ao público os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global, para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación. A emerxencia climática interpélanos a todos e todas e hai razóns para a esperanza.

Paneis

                   

              

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

* Consulta as   condicións completas  para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio