• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Exposición Son de Mar e Obradoiro Crebeiros no Underfest Son Estrella Galicia

Vostede está aquí

Exposición Son de Mar e Obradoiro Crebeiros no Underfest Son Estrella Galicia
Data
xoves, 7 Outubro, 2021 a domingo, 7 Novembro, 2021
Lugar

Casa das Artes de Vigo

Organiza
  • Sweet Noctura
  • Son Estrella Galicia
Colabora
  • CEIDA
  • RetoqueRetro
  • Mar de Fábula
Descrición

Durante o mes de outubro e novembro, o CEIDA participa na 4ª edición Underfest Son Estrella Galicia, iniciativa que xurde no 2018 coa intención de presentar en Vigo unha programación cultural variada e diferente. As actividades que o CEIDA desenvolverá no marco deste festival son as seguintes:

  • 7 de outubro-7 de novembro:
    • EXPOSICIÓN 'SON DE MARES': organizada conxuntamente xunto á asociación Mar de Fábula e o colectivo artístico RetoqueRetro e que ten como fío condutor a conservación dos océanos e o lixo mariño. A mostra poderá visitarse en horario de luns a venres, de 18 a 21; sábados de 12 a 14 h. e de 18 a 21 h; e domingos e festivos, de 12 a 14 h.
  • Venres 8 e sábado 9 de outubro:
    • OBRADOIRO CREBEIROS: actividade desenvolvida polo equipo educativo do CEIDA na que se analizarán os residuos que se poden atopar nas praias con maior frecuencia e descubrirán como se pode levar a cabo a loita contra esta problemática. Haberá tres sesións diferentes: venres 8, ás 19 h.; sábado 9 ás 12.30 h. e 19 h. Número de participantes por sesión: 10 persoas. Reserva de prazas: 638 169 316

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio