• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Objetivo Ferrol 2.0

Vostede está aquí

Objetivo Ferrol 2.0 CEIDA
Data
mércores, 5 Outubro, 2016 a sábado, 5 Novembro, 2016
Lugar

Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Produce

Grupo Bazán

Autor/es

Alejandro Pérez, Ángel García, Beatriz Rodríguez, Carlos Cruz, David Souto, Edu Pereira, Eva Vázquez, Gelis López, Ivan Seijo, José Amigo, José Fonticoba, Luz González, María Jesús Villamar, Marimar Pazos, Marta Pérez, Miguel A. Calvo, Nelson López, Pablo Mauriz, Tusun e Víctor Torreiro

Descrición

A exposición 'Objetivo Ferrol 2.0', da Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Grupo Bazán (http://grupobazan.es), escolle a comarca de Ferrol para facer unha exposición conxunta de 40 fotografías. 2.0, ademáis de formar parte do título da mostra, para os amantes da fotografía tamén ten un significado importante: a apertura de diafragma nos obxectivos.

Nesta exposición, á vez que se vai seguindo un percorrido pola cidade e arredores, o espectador irá vendo fotos das Meninas de Canido, pasando pola praza de Amboaxe nun día de xogos, a Praza de Armas reflicte o seu esplendor ante a atónita ollada duns manequíns e a Rúa Galiano a súa vida cotiá. Continúase o percorrido pola Praza de Galicia onde o Jofre non deixa de sorprendernos coas súas fotos nocturnas, así como o edificio de Correos, o Monumento aos Caídos ou a casa Romeu. Achegámonos ata o Porto onde se pon o sol, e uns fermosos reflexos móstrannos Curuxeiras. Dentro do Arsenal destaca o dique, e continuando ata Esteiro facémoslle oco á Porta do Estaleiro, os guindastres de Navantia e un buque en construción. A andaina achéganos ao paseo de Caranza para alí tomar rumbo ao Castelo de San Felipe, e de aí ás praias e á súa natureza.

  • Grupo Bazán

A Sección de Fotografía do Grupo Bazán formouse en 1.994 consolidándose en pouco tempo e alcanzando grandes logros. A inquietude por esta disciplina reúne a un grupo de persoas cuxa ilusión é compartir e ampliar coñecementos. Pasado o tempo, coa chegada das cámaras dixitais, un maior número de persoas desperta o interese pola fotografía, e é no 2.008 cando conta cunha maior afluencia de socios, pasando de 12 no ano 1.994 a 57 no 2.011. Máis información sobre a súa actividade en:
http://fotografiagrupobazan.blogspot.com - fotografiagrupobazan@gmail.com

Visitas

Horario

  • Luns a venres, de 9 a 14 h.
  • Sábados, de 11 a 14 h.

Entrada

  • De balde
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas