• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Paisaxes suízas: onde comezan os soños

Vostede está aquí

Paisaxes suizas Victor Hermida
Data
venres, 7 Xullo, 2017 a xoves, 3 Agosto, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Colabora

CEIDA

Autor/es

Victor Hermida

Descrición

Suíza agocha diferentes cualidades paisaxísticas debido principalmente á súa situación xeográfica e a orografía do terreo; influenciando o clima e, en última instancia, cada un dos elementos naturais que o compoñen. Ademais, a cultura local compleméntase perfectamente. Esta riqueza patrimonial provoca, máis cun simple contacto, unha unión atemporal có medio natural.

O ser humano, impulsado por sentimentos de liberdade e aventura, descobre neste territorio unha forma de cumprir os seus desexos máis fantasiosos. O reencontro coa natureza formalízase ante os misterios que desprende cada recuncho; o feitizo consolídase.

      Paisaxes suizas Victor Hermida

A exposición fotográfica representa unha mostra das variedades paisaxísticas suízas; priorizando os elementos propios da natureza, e a súa sintonía ante situacións máis antropizadas.

As fotografías realizáronse en diversas viaxes entre os anos 2011 e 2014 nas estacións de primavera e verán. Consta de 26 imaxes que se dividen en 3 grandes grupos (1 por sala). Estos grupos baséanse nas tres principais rexións segundo as características orográficas do territorio.

  • Sala 1: macizo do Jura

Ocupa o 10% do territorio e sitúase no Oeste/Noroeste do país. É a zona máis pequena das tres, polo que só se expoñen 3 fotografías.

  • Sala2: meseta central

Entre os dous sistemas montañosos de Suíza, atopamos esta extensa meseta que ocupa o 30% do territorio. Nesta parte, inclúense 10 fotografías.

  • Sala 3: Alpes e Prealpes

Esta parte é a máis grande das 3; ocupa o 60% do país. Componse de 13 fotografías.

Horario de visita
  • Luns a venres, 9 a 14 h. / 17 a 20 h.
  • Sábados, 11 a 14 h. 
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas