• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'As Pedras que facían Viño. Viaxe polos Milenarios Lagares Rupestres de Galicia'

Vostede está aquí

Libro As Pedras que facían Viño. Viaxe polos Milenarios Lagares Rupestres de Galicia
Data
sábado, 30 Setembro, 2017
Horario

18 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Dirixido a

Todos os públicos

Descrición

Presentación da obra 'As pedras que facían viño. Viaxe polos milenarios lagares rupestres de Galicia', de Luis & Alejandro Paadín, na que se recolle as orixes do cultivo e da elaboración do viño en Galicia. Un traballo de sete anos de localización, interpretación e posta en valor dun patrimonio que estaba esquecido, con máis de 60 lagares rupestres recollidos. 

O acto contará coa presenza dos autores, pero ademáis intervirán Ángel García Seoane, alcalde do Concello de Oleiros, e Carlos Vales Vázquez, director do CEIDA.

Ao finalizar, os asistentes poderán desfrutar dun Túnel de Viños Galegos. 

O aforo é limitado, así que prégase confirmar asistencia en: 981 630 618 - ceida@ceida.org

  • Luis & Alejandro Paadín

​Padre e fillo, autores tamén da 'Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia', inician no 2011 un exhaustivo traballo de localización, estudo e posta en valor dos lagares rupestres de Galicia. Tras anos de investigación estudando lagares en todo o mundo (Extremadura, Israel, Italia, Jerez, Portugal, Rioja, Valencia...) van un paso máis aló e editan este libro como manual de consulta, caderno de viaxe e divulgador dunha parte importante da nosa cultura até a data oculta: os milenarios lagares rupestres galegos. A formación como técnico en enoloxía e viticultura de Luis e en enxeñería en deseño industrial de Alejandro, permitíronlles interpretar estes vans nas rochas, ata agora condenados ao esquecemento. 

* Venda de exemplares durante a presentación: 18 € (20 € en librería).

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas