• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Espejo lobo' de Concha López LLamas

Vostede está aquí

Presentación do libro Espejo lobo de Concha Lopez LLamas
Data
sábado, 15 Setembro, 2018
Horario

11.30 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Dirixido a

Todos os públicos.

Inscrición

A actividade non precisa inscrición, pero agradécese confirmar asistencia en:  formacion@ceida.org

A autora

Catedrática de Bioloxía e Xeología en Educación Secundaria, Concha López Llamas foi amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (con tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora do Ensino das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e ponencias.  

López Llamas volcou nas especies do seu territorio emocional de La Carballeda zamorana unha mirada afectuosa en diálogo coa ecolóxica, que foi construíndo parella á súa formación científica como Bióloga. Esta forma de interpretar o natural, incorpóraa ao movemento dos escritores sobre a natureza e á literatura ecofeminista, como se reflexa en “Bajo el dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011) e “Beatriz y la loba” (2014), a súa última novela, poñendo de manifesto o seu extraordinario vínculo coa natureza e coa problemática da muller.  En “Espejo Lobo” (2018) recurre ao seu selo narrativo para saír en defensa do seu  tótem, o lobo ibérico.

Espejo Lobo

Catorce son as historias de ficción que conforman “Espejo Lobo”, ubicadas en aquelas contornas da Península Ibérica, incluido Portugal, onde o lobo coexiste co ser humano, nas que se dan a coñecer as diferentes causas que fan perigar a súa saúde etolóxica e ata a súa supervivencia: gandería extensiva, regulación-control da especie, caza, veleno, lume ou furtivismo, entre outros. Expertos e expertas no mundo de Canis lupus adxuntan a súa análise sobre a problemática destacada nas historias ao final de cada relato.

Ficción e realidade póñense ao servizo de quen lea “Espejo Lobo” para entender a denuncia que desde él se fai e para destacar e correxir o comportamento antropocéntrico que nos caracteriza. Conservacionismo, Ecoloxismo, Anti-Especismo, Ecofeminismo ou Decrecemento, brotan de “Espejo lobo” como claves que invitan a re-significarse e a re-interpretar a vida. Exercicio imprescindible se pensamos que o narcisismo que  caracterizou a Homo sapiens, que rixe a súa vida e a das demáis especies desde a lóxica do dominio, está conducindo á destrución da biodiversidade e a poñer en risco a nosa propia viabilidade a escala planetaria.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas