• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Roteiros dende a casa: programa de visitas guiadas virtuais

Vostede está aquí

Roteiros dende a casa: programa de visitas guiadas virtuais

Aínda que as nosas instalacións e algúns dos nosos servizos atópanse temporalmente suspendidos, non queremos deixar de aproveitar este tempo de confinamento para dar a coñecer o noso patrimonio máis próximo. Durante os 20 anos de actividade da institución, o CEIDA leva traballando en moitos espazos, pero hai tres que son a nosa casa, por onde pasaron centos de grupos educativos, familias e outros colectivos, e sentiron xunto a nós a necesidade de conservalos.

Co fin de darlle continuidade a este programa e dar a coñecer este rico patrimonio entre a cidadanía, o CEIDA reactiva os seus programas de Educación Ambiental  "A Illa de Santa Cruz, un rico patrimonio natural e histórico" e "O mar e a costa: recursos valiosos para todos" cun programa de visitas guiadas virtuais, coa seguinte programación:

  • Xoves, 30 de abril. O Castelo de Santa Cruz: Unha viaxe de 400 anos de historia. Percorreremos a nosa sede, a illa e castelo de Santa Cruz (Oleiros), e a súa peculiar historia de catro séculos.
  • Venres, 8 de maio. A Costa de Dexo: sobrevivindo entre a terra e o mar. Declarado Monumento Natural e Rede Natura 2000, ocupa o tramo costeiro comprendido entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, tamén na costa oleirense, e os seus cantís son o refuxio de moitos sobreviventes de mar e aire.
  • Venres, 15 de maio. Os Faros de Mera: de casa do fareiro a Aula do Mar. Transformada no Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo, a Aula do Mar está chea de historia, e convértese na porta natural deste espazo protexido.

As visitas serán retransmitidas en directo, ás 19 h., a través da nosa canle de Youtube:  https://www.youtube.com/user/CeidaEA

Esperámosvos esta vez, nas redes!

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas