• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A costa coruñesa, refuxio para as aves mariñas do planeta

Vostede está aquí

A costa coruñesa, refuxio para as aves mariñas do planeta
Actividade online!
Data
xoves, 28 Xaneiro, 2021
Horario

De 19 a 20 horas.

Lugar

Actividade online, realizada a través da plataforma Zoom

Organiza

CEIDA

Co apoio de
Descrición

A costa galega é un dos lugares do planeta nos que de maneira máis obvia conflúen de maneira relevante actividades como a pesqueira, marítima, portuaria ou turística cunha rica biodiversidade e, ao mesmo tempo, cun importante historial de catástrofes ambientais no medio mariño.

En concreto, este territorio posúe unha especial relevancia para a conservación das poboacións europeas e globais dun importante número de especies ameazadas, protexidas a nivel legal mediante a declaración de divesas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) no medio mariño e litoral.

Ao longo de 2019 o CEIDA desenvolveu o proxecto  Aves Ártabras  co obxectivo de establecer as bases para a declaración dunha destas áreas no Golfo Ártabro, e en 2021, novamente co apoio da Fundación Biodiversidad a través do Programa pleamar, levará a cabo o proxecto  ARTABRO2,  na procura de avanzar na xestión integral das ZEPAs da costa coruñesa.

Obxectivos
  • Dar a coñecer as aves do Golfo Ártabro e das ZEPA da provincia da Coruña.
  • Divulgar a súa relevancia no contexto ibérico, europeo e global.
  • Reflexionar sobre as súas problemáticas e a súa xestión integral dende unha óptica socioambiental.
  • Presentar o proxecto  ARTABRO2.
Dirixido a
  • Profesionais, técnicos e/ou usuarios/as de actividades relacionadas co medio mariño.
  • ONG’s de carácter ambiental.
  • Administracións competentes na xestión ambiental, pesqueira, territorial, etc.
  • Poboación local e público xeral interesado.
Programa
  • 19.00 h. As aves do Golfo Ártabro.
  • 19.15 h. A importancia da costa coruñesa para as aves mariñas do planeta.
  • 19.30 h. Presentación do proxecto  ARTABRO2.
  • 19.45 h. Debate e preguntas.
Participantes
  • Sergio París Gómez, Coordinador de programas de Educación Ambiental e Espazos Naturais Protexidos do CEIDA.
  • Antonio Sandoval Rey, Ornitólogo, escritor e comunicador ambiental.  
Inscrición

Inscrición previa

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio