• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Butaca Verde

Vostede está aquí


 

O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todas as entidades galegas o Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde, co obxectivo de fomentar e facilitar a realización de actividades de carácter ambiental e provocar, con elas, a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.

Esta actividade ofrece en préstamo 19 documentais que recollen algunhas das principais problemáticas ambientais e sociais dos nosos días.

Poden solicitalos todas aquelas persoas ou entidades (concellos, centros educativos - secundaria ou ciclos formativos-, asociacións, entidades culturais, colectivos, etc.) que dispoñan dun espazo habilitado para as proxecións, que deberán realizarse de maneira pública e gratuita.

Películas en préstamo
Manual de uso de una nave espacial

MANUAL DE USO DE UNA NAVE ESPACIAL

  • Produce: Amigos de la Tierra.
  • Ano: 2009
  • Duración: 61 minutos.
  • Sinopse: Documental que retrata as diversas realidades entorno a un dos problemas globais máis complexos do noso tempo, o cambio climático, e formula a urxencia de establecer un diálogo profundo sobre as súas solucións. 
  • Ver trailer
   
Tukki la huella ambiental

TUKKI, LA HUELLA AMBIENTAL

  • Produce: Guillermo García Ramos.
  • Ano: 2009
  • Duración: 49 minutos.
  • Sinopse: Miles de senegaleses se atopan ante unha encrucillada: a uns os está a comer o deserto, outros xa non poden predecir as chuvias como antes e a súa terra se seca, e para outros moitos a perda dos bosques arruina os seus pobos. Este documental reflexa a viaxe que se ve obrigado a emprender un xoven senegalés desde a súa aldea ante a degradación do solo a a deforestación que sofre o seu entorno.
  • Ver fragmento
   
Reiventamos un pueblo

REIVENTAMOS UN PUEBLO

  • Produce: Fundación Ciudad de la Energía.
  • Ano: 2009
  • Duración: 35 minutos.
  • Sinopse: Un pobo mineiro da comarca berciana está cambiando de cor. E o fai grazas á restauración ambiental de dúas entulleiras de carbón que enmarcaban a paisaxe. En Tremor de Arriba crece por fin a herba. 
   
La mar del silencio

LA MAR DEL SILENCIO

  • Produce: Yves Sadurní.
  • Ano: 2009
  • Duración: 56 minutos
  • Sinopse: Das areas do Sahara ao asfalto enladrillado do primeiro mundo, este documental narra o proceso de desertificación na nosa era, fenómeno planetario vinculado ao cambio climático e a sobreexplotación da terra. Unha reflexión que entrecruza catro realidades, catro historias que mostran o esforzo dos seres humanos por sobrevivir nun medio ambiente cada vez máis hostil.
  • Ver tráiler
   
2050

2050

  • Produce: Ruth Chao, Javier Silva.
  • Ano: 2006
  • Duración: 52 minutos.
  • Sinopse: Documental que aborda un dos maiores problemas que está a afrontar a humanidade: o cambio climático. Nel danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático, que foron entrevistadas no Cumio Mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas celebrou en Montreal no 2006.
   
Líneas discontinuas

LÍNEAS DISCONTINUAS

  • Produce: Ecologistas en Acción.
  • Ano: 2008
  • Duración :35 minutos
  • Sinopse: Cada ano os datos sobre cambio climático indican que o sector do transporte é un dos factores clave, cunha cuarta parte da emisións totais do CO2 no Estado español. A cultura do motor non é sostible e terá que ser substituída polo que hai que procurar alternativas.
   
Al calor de las chimeneas

AL CALOR DE LAS CHIMENEAS

  • Produce: Enrique Pacheco
  • Ano: 2006
  • Duración: 47 minutos.
  • Sinopse: O desenvolvemento enerxético en España aumenta desorbitadamente, a queima de combustibles fósiles conleva un cambio climático. A ameaza das grandes industrias pon en risco ás persoas que viven preto delas e tamén ao medio ambiente que as rodea. 
  • Ver tráiler
   
Labregos do mar

LABREGOS DO MAR

  • Produce: Cibrán Isasi.
  • Ano: 2006
  • Duración: 55 minutos.
  • Sinopse: Neste documental ensínase en que consiste e como se vive nunha costeira de bonito, as descargas de peixe, a subaste, pero tamén a pesca. Armadores, subastadores, xente do mar e as súas familias cóntannos como é a súa vida e as súas vivencias en alta mar e tamén en terra. 
  • Ver tráiler
   
Los hijos del Sahara

LOS HIJOS DEL SÁHARA (Serie Retratos en los confines del mundo)

  • Produce: CERAI
  • Ano: 2009
  • Duración: 31 minutos
  • Sinopse: O Sahara foi sempre o noso deserto, un icono da nosa xeografía sentimental. A adhesión dunha gran parte da sociedade española á causa saharaui é inquebrantable. A axuda humanitaria e alimentaria desde a cooperación dirixida aos refuxiados saharauis é o punto de partida deste documental.
   
La deuda oculta

LA DEUDA OCULTA

  • Produce: Eduardo González
  • Ano: 2011
  • Duración: 45 minutos.
  • Sinopse: Históricamente, a maioría das materias primas empregadas na industria e para o noso consumo extraíanse do noso pais. Pero hoxe en día unha grande parte dos materiales veñen de moi lonxe, de países do sur ou empobrecidos onde contaminar ou contratar a traballadores en precarias condicións é máis fácil. Este documental mostra como os países do Norte, industrializados ou enriquecidos, nos beneficiamos do barato que sae pescar atúns en Somalia, extraer minerais en Bolivia ou cultivar agrocombustibles en Indonesia.
   

BLOOD COLTAN

  • Produce: Patrick Forestier.
  • Ano: 2007
  • Duración: 54 minutos.
  • Sinopse: O coltán, ata fai pouco un material prácticamente descoñecido, convertíuse no novo ouro negro do continente africano. Crucial para a fabricación de novas tecnoloxías como telefonía móbil, portátiles e outros dispositivos electrónicos, atópase en importantes cantidades na zona este da República Democrática do Congo e a crecente demanda por parte de Occidente está propiciando matanzas na rexión. Baixo a vixiancia das milicias rebeldes, incluso os nenos extraen este material de forma perigosa nas minas. 
  • Ver tráiler
   
Alma

ALMA

  • Produce: Patric Rouxel
  • Ano: 2010
  • Duración: 65 minutos.
  • Sinopse: Con imaxes extremadamente espectaculares, alternando entre o fermoso e o horror, este documental captura o custe ecolóxico que ten para o noso planeta o consumo de carne, o coiro ou os produtos lácteos na Amazonía Brasileira. 
  • Ver tráiler
   
Amazonia carbonizada

AMAZONIA CARBONIZADA

  • Produce: Carlos García Paret, Ramón Alegre.
  • Ano: 2011
  • Duración: 50 minutos.
  • Sinopse: A Amazonía é a maior reserva forestal do mundo e a que máis se destrúe. Actualmente esta zona se coloca no epicentro das negociacións internacionais que buscan un acordo global para atallar o cambio climático. Pero máis alá deste debate ambiental a Amazonía enfróntase a outras feridas como a crueldade, o asesinato e a depredación da súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.
   
Green

GREEN

  • Produce: Patrick Rouxel.
  • Ano: 2009
  • Duración: 48 minutos.
  • Sinopse: Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. A deforestación nos países do Sur se debe fundamentalmente ao cultivo e uso de aceite de palma, un aceite vexetal que se atopa en infinidad de produtos que consumimos na nosa vida cotiá. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután, que cada día se atopa máis preto da extinción. 
  • Ver trailer
   
Marcha atrás

MARCHA ATRÁS

  • Produce: Ecologistas en Acción
  • Ano: 2009
  • Duración: 30 minutos.
  • Sinopse: Cada vez con maior frecuencia vemos vehículos 4x4 nas nosas rúas e carreteras. O todoterreo pasou de ser un vehículo para o traballo profesional no campo a un vehículo de uso diario, que se asocia a valores como a liberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou a seguridade. Este documental analiza o noso modelo de transporte a través dos vehículos 4x4 e a cultura do motor. 
  • Ver tráiler
   
El secreto del bosque

EL SECRETO DEL BOSQUE

  • Produce: Ecoguinea, Waka Films
  • Ano: 2015
  • Duración: 45 minutos.
  • Sinopse: O bosque tropical de Guinea Ecuatorial é unha das poucas zonas de selva virxe que aínda quedan no mundo. Descoñecido e inexplorado, garda moitos segredos baixo o seu denso manto de vida. Un pequeno paraíso de biodiversidade, un conto africano que lanza unha clara mensaxe de conservación da natureza. 
  • Ver tráiler
   
 

MEMORIAS DEL UROGALLO CANTÁBRICO: EL SECRETO DEL BOSQUE

  • Produce: Más que Pájaros, Al Rojo Productora
  • Ano: 2016
  • Duración: 44 minutos.
  • Sinopse: Documental que pretende contar a historia recente da pita do monte na cordilleira Cantábrica. Mediante imaxes inéditas da especie en liberdade (actuais e históricas), os bosques onde vive e testemuñas de aqueles que viviron dunha ou outra forma con este emblemático animal.
  • Ver tráiler
   
Los ultimos dragones de Oviedo

LOS ÚLTIMOS DRAGONES DE OVIEDO

  • Produce: Documentazul
  • Ano: 2016
  • Duración: 25 minutos.
  • Sinopse: Na cidade de Oviedo habitan varias poboacións moi singulares de píntegas, moitas das cales permaneceron illadas desde a fundación da cidade desde o século VIII. Neste documental cóntase a súa historia, as lendas que rodean a este animal desde a antigüedade, así como as singularidades destas poboacións, desveladas agora grazas a varios traballos científicos.
  • Ver tráiler
   
Asolagados  

ASOLAGADOS

  • Produce: Airoá Comunicación
  • Ano: 2015
  • Duración: 60 minutos.
  • Sinopse: Documental sobre a xente e os seus pobos, anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño, restos das casas, das bodegas, das árbores... e especialmente das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construcción do salto, momento no que se viron obrigados a deixalo todo. Un documental que pretende deixar constancia do cambio da paisaxe das ribeiras do Río Miño e preservar a memoria de todas as personas que tiveron que reinventar por completo as sús vidas e costumes.
  • Ver tráiler
Condicións de préstamo
  • Poderán solicitarse en préstamo un máximo de 5 documentais por un prazo de 1 mes (incluindo os días de envío), aínda que cabe a posibilidade de ampliar o prazo en función das necesidades e da disponibilidade do calendario de préstamo.
  • A cesión das películas durante o período de préstamo é totalmente gratuita, aínda que as entidades solicitantes terán que facerse cargo dos gastos de envío (aproximadamente 15 € a través de empresa de mensaxería) ou de recollelas na sede do CEIDA.

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas