CEIDA
A actividade CONEXIÓNS LÍQUIDAS. MUNDOS AGOCHADOS forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.
Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.
A través das fascinantes pozas do intermareal achegarémonos aos océanos, ás múltiples formas de vida que viven neles, e ao relevantes que son tanto social como económicamente para Galicia. Mais desde as pozas do intermareal do Porto de Santa Cruz, no Concello de Oleiros, tamén nos atoparemos cos desafíos que presenta a beiramar e os océanos do mundo: lixo mariño, sobreexplotación de recursos, contaminación, subida do nivel do mar e da temperatura, etc.
Alumnos e alumnas de 3º-6º de ensino primario e ensino secundario de todos os centros educativos de Galicia.
2 h.
Outubro 2026 - abril 2027.
Para realizar esta actividade cómpre que a marea baixa coincida no horario desexado.
Intermareal do Porto de Santa Cruz (Oleiros) e pode que ocasionalmente no intermareal da praia de Bastiagueiro Pequeno.
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: [email protected] - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]