CEIDA
A actividade O CADERNO DE EMILIA forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.
Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.
Nas obras de Emilia Pardo Bazán podemos atopar a natureza galega delicadamente descrita cunha poética e minuciosidade únicas.
Emilia Pardo Bazán escribiu en case tódolos xéneros posibles, pero non consta que fixera nunca un Caderno de Campo, ao estilo dos e das naturalistas. E non sería por falta de coñecemento xa que Dona Emilia nas súas obras describe as especies animais e vexetais coas que ten contacto dun xeito extraordinario, case como unha guía de natureza pero literaria. E o mesmo acontence coas paisaxes das rías galegas.
Procurando nas súas obras, atopamos que a flora da illa da Santa Cruz e moita da fauna que podemos atopar nela, teñen citas coa descrición das súas cualidades. Imos pois coñecer a realidade ambiental deste lugar a través da súa obra, nomeadamente de seis delas: Cuentos de la Tierra, El Cisne de Vilamorta, La Madre Naturaleza, La Tribuna, Los Pazos de Ulloa e Cuentos de Marineda.
Tamén analizaremos que novas especies temos. A paisaxe mudou, os tempos mudaron, o clima está mudando. Podemos describir esas novas especies, algunhas delas invasoras, coa mesma narrativa poética que emprega Dona Emilia no noso novo caderno de campo.
Alumnas e alumnos de ensino secundario e bacharelato de todos os centros educativos de Galicia.
2h. - 2h.30 min.
Febreiro- Xuño 2027
Illa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: [email protected] - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]