• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Operación Biodiversidade. Un plan segredo para a natureza (Programa Mundos Agochados)

Vostede está aquí

Operación Biodiversidade. Un plan segredo para a natureza (Programa Mundos Agochados)
Organiza

CEIDA

Programa 'Mundos agochados. Natureza, Ciencia e Cultura arredor de nós'

A actividade OPERACIÓN BIODIVERSIDADE forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.

Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.

OPERACIÓN BIODIVERSIDADE. Descrición da actividade

O parque Rosalía Mera De Santa Cruz (Oleiros) deseñado para o manexo ecolóxico do mesmo e con criterios de fomento da biodiversidade, inclúe ao longo do seu percorrido pequenas accións de infraestrutura verde, polo que ofrece unha posibilidade marabillosa polo seu tamaño e ubicación para abordar temáticas de biodiversidade urbana e contacto coa natureza en idades temperás.

Con esta actividade coñeceremos como podemos favorecer a presenza de natureza nas contornas urbanas e cales son as especies animais e vexetais máis frecuentes aquí, a través dos xogos e da misión secreta, para descubrir como todos e todas podemos contribuir a achegar a natureza ás nosas vida, porque a necesitamos.

OBXECTIVOS
  • Coñecer a principal biodiversidade silvestre presente no parque Rosalía Mera e nas contornas urbanas galegas.
  • Comprender, de forma lúdica e divertida , a través do formato de misión secreta, a importancia de conectar os espazos naturais urbanos para crear corredores ecolóxicos que favorezan a presenza de natureza nas nosas contornas urbanas, asi como coñecer o concepto de infraestrutura verde e de manexo ecolóxico.
  • Relacionar as accións de renaturalización urbana, e de manexo ecolóxico, observadas no parque coa necesidade de adaptar as nosas vilas e cidades aos desafíos da emerxencia climática.
  • Propoñer medidas de renaturalización que poderían desenvolver nas súas casas, rúas, colexios, etc.
Dirixido a

Alumnas e alumnos de Ensino Primario de todos os centros educativos de Galicia.

Duración da actividade

1h.30 min.

Período de realización

Abril-Xuño 2027

Lugar

Parque Rosalía Mera, Dorneda (Oleiros)

Solicitudes

As solicitudes realizaranse a través do formulario.

Máis información sobre este programa:  [email protected]  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio