• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Plan B. Misión Climática en Oleiros (Programa Mundos Agochados)

Vostede está aquí

Plan B. Misión Climática en Oleiros (Programa Mundos Agochados)
Organiza

CEIDA

Programa 'Mundos agochados. Natureza, Ciencia e Cultura arredor de nós'

A actividade PLAN B. MISIÓN CLIMÁTICA EN OLEIROS forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.

Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.

Plan B. Descrición da actividade

Xogo de investigación por grupos onde a través da beiramar do Porto de Santa Cruz os grupos de mozos e mozas descubirán como o cambio climático está impactando nas frontes litorais pola subida do nivel do mar, na hostalería e turismo, no marisqueo... atoparán vestixios das mudanzas climáticas naturais e as compararemos coa actual, así como analizarán propostas de mitigación e adaptación ante a emerxencia climática.

Trátase de que podan achegarse á dura e impactante realidade da emerxencia climática desde un lugar coñecido para eles e elas, ou en todo caso moi semellante ás súas localidades, e que a través do xogo e de dinámicas grupais de exploración, consulta e debate, podan chegar a conclusións do impacto local pero sen esquecer a súa dimensión moito máis severa noutras partes do mundo.

Daremos espazo a falar sobre como nos sentimos con este tema e á ecoansiedade que os últimos estudios atribúen á mocidade española ante a emerxencia climática.

Obxectivos
  • Recoñecer e analizar de forma crítica a través dun gran xogo grupal os principais impactos do cambio climático na beiramar galega, tanto a nivel fisico sobre as infraestruturas, como nos ecosistemas, o impacto social e económico,e incorporando tamén a necesaria perspectiva de xénero.
  • Interpretar indicios xeolóxicos e vestixios paisaxísticos para diferenciar a variabilidade climática histórica das oscilacións aceleradas da actualidade.
  • Investigar a vulnerabilidade do sector turístico e hostaleiro e da actividade marisqueira ante eventos climáticos extremos conectando o observación insitu con novas ambientais ao respecto.
  • Adquirir consciencia e sensibilidade ante o impacto moito máis severo do cambio climático en rexións empobrecidas do mundo e a súa relación cos movementos migratorios, o diferente impacto de xénero etc.
  • Xerar un espazo de seguridade onde a mocidade poda expresar emocións relativas a esta temática e analizar como estas nos levan ás veces á negación ou parálise ante unha circunstancia extrema destas magnitudes. 
  • Promover o pensamento crítico e a comunicación das conclusións obtidas na actividade, fomentando a concienciación activa e a capacidade de propostas de adaptación e mitigación válidas para este espazo e extrapolables a moitos lugares de Galicia.

 

Dirixido a

Alumnos e alumnas de ensino secundario, bacharelato e FP de todos os centros educativos de Galicia.

Duración da actividade

2h-2h.30 min.

Período de realización

Xaneiro-maio 2027

Lugar

Porto de Santa Cruz, Oleiros

Solicitudes

As solicitudes realizaranse a través do formulario.

Máis información sobre este programa:  [email protected]  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio