• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Pradarías mariñas, Tesouros de biodiversidade (Programa Mundos Agochados)

Vostede está aquí

Pradarías mariñas, Tesouros de biodiversidade (Programa Mundos Agochados)
Organiza

CEIDA

Programa 'Mundos agochados. Natureza, Ciencia e Cultura arredor de nós'

A actividade PRADARÍAS MARIÑAS, TESOUROS DE BIODIVERSIDADE forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.

Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.

PRADARÍAS MARIÑAS, TESOUROS DE BIODIVERSIDADE. Descrición da actividade

Na ría do Burgo, na ribeira de Oleiros, está a pradaría mariña máis accesible das rías altas galegas.

As pradarías mariñas son hábitats esenciais, que se atopan na beiramar de todo o mundo, pero pola contra grandes descoñecidas para a poboación. Estas pradarías de fanerógamas mariñas dan refuxio, alimentación e son zona de cría de moitas especis mariñas como os chocos ou os fascinantes cabaliños de mar. Axudan a protexer a beiramar da erosión e actúan como diques naturais, son biodindicadoras e grandes aliadas na froita contra o cambio climático.

Nesta actividade coñeceremos unha pradaría de Zoostera Noltei que foi medrando nos últimos anos, sendo hoxe accesible na marea baixa. Caracterizaremos a pradaría para, entre todos os centros participantes, facerlle un seguimento e investigación dourtas especies que viven nela 
e documentaremos as principais descubertas en plataformas de ciencia cidadá deseñadas para estes ecosistemas.

Obxectivos
  • Transferir coñecemento e divulgar a biodiversidade e os servizos que proporcionan as pradarías mariñas da costa galega.
  • Reforzar os vínculos e o sentido de pertenza do alumnado co seu propio territorio a través do coñecemento dun dos ecosistemas moi valiosos e descoñecidos.
  • Provocar, a través do coñecemento e o vínculo emocional e tamén da fascinación que estes ecosistemas producen no alumnado, unha maior actitude e compromiso cara a conservación do medio ambiente.
  • Fomentar a implicación da comunidade educativa no coñecemento para a conservación das pradarías mariñas.
  • Descubrir a fraxilidade destes ecosistemas tan valiosos ante a contaminación, cambio climático ou malas prácticas en actuacións no litoral xa sexan extractivas, infraestruturas,etc.
Dirixido a

Alumnos e alumnas de 5º-6º de ensino primario, ensino secundario, bacharelato de todos os centros educativos de Galicia.

Duración da actividade

2 h.

Período de realización

Outubro 2026 - abril 2027

Para realizar esta actividade cómpre que a marea baixa coincida no horario desexado.

Lugar

Pradaría da Ría do Burgo, concretamente na zona interior da praia de Sta Cristina (Oleiros).

SOLICITUDES

As solicitudes realizaranse a través do formulario.



Máis información sobre este programa:  [email protected]  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio