• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

O Caderno de Emilia: Biodiversidade a través das letras (Programa Mundos Agochados)

Vostede está aquí

O Caderno de Emilia: Biodiversidade a través das letras (Programa Mundos Agochados)
Organiza

CEIDA

Programa 'Mundos agochados. Natureza, Ciencia e Cultura arredor de nós'

A actividade O CADERNO DE EMILIA forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.

Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.

O CADERNO DE EMILIA. Descrición da actividade

Nas obras de Emilia Pardo Bazán podemos atopar a natureza galega delicadamente descrita cunha poética e minuciosidade únicas.

Emilia Pardo Bazán escribiu en case tódolos xéneros posibles, pero non consta que fixera nunca un Caderno de Campo, ao estilo dos e das naturalistas. E non sería por falta de coñecemento xa que Dona Emilia nas súas obras describe as especies animais e vexetais coas que ten contacto dun xeito extraordinario, case como unha guía de natureza pero literaria. E o mesmo acontence coas paisaxes das rías galegas.

Procurando nas súas obras, atopamos que a flora da illa da Santa Cruz e moita da fauna que podemos atopar nela, teñen citas coa descrición das súas cualidades. Imos pois coñecer a realidade ambiental deste lugar a través da súa obra, nomeadamente de seis delas: Cuentos de la Tierra, El Cisne de Vilamorta, La Madre Naturaleza, La Tribuna, Los Pazos de Ulloa e Cuentos de Marineda.

Tamén analizaremos que novas especies temos. A paisaxe mudou, os tempos mudaron, o clima está mudando. Podemos describir esas novas especies, algunhas delas invasoras, coa mesma narrativa poética que emprega Dona Emilia no noso novo caderno de campo.

Obxectivos
  • Coñecer a biodiversidade da Illa de Santa cruz como exemplo de biodiversidade urbana, recoñecendo especies autóctonas e exóticas e a través da referencias literarias presentes nos textos de Pardo Bazán.
  • Comprender a evolución do territorio e da paisaxe da beiramar en Galicia a través do diálogo entre a súa literatura e a situación ambiental e paisaxística actual da ría do Burgo.
  • Valorar a figura de Emilia Pardo Bazán como pioneira na defensa dos dereitos das mulleres e como unha gran observadora e descriptora da natureza e biodiversidade galega.
  • Traballar de forma colaborativa para a elaboración nun caderno de campo, inspirado nas descricións da propia autora.
Dirixida a

Alumnas e alumnos de ensino secundario e bacharelato de todos os centros educativos de Galicia.

Duración da actividade

2h. - 2h.30 min.

Período de realización

Febreiro- Xuño 2027

Lugar

Illa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Solicitudes

As solicitudes realizaranse a través do formulario.

Máis información sobre este programa:  [email protected]  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio