CEIDA
A actividade OPERACIÓN BIODIVERSIDADE forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.
Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.
O parque Rosalía Mera De Santa Cruz (Oleiros) deseñado para o manexo ecolóxico do mesmo e con criterios de fomento da biodiversidade, inclúe ao longo do seu percorrido pequenas accións de infraestrutura verde, polo que ofrece unha posibilidade marabillosa polo seu tamaño e ubicación para abordar temáticas de biodiversidade urbana e contacto coa natureza en idades temperás.
Con esta actividade coñeceremos como podemos favorecer a presenza de natureza nas contornas urbanas e cales son as especies animais e vexetais máis frecuentes aquí, a través dos xogos e da misión secreta, para descubrir como todos e todas podemos contribuir a achegar a natureza ás nosas vida, porque a necesitamos.
Alumnas e alumnos de Ensino Primario de todos os centros educativos de Galicia.
1h.30 min.
Abril-Xuño 2027
Parque Rosalía Mera, Dorneda (Oleiros)
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: [email protected] - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]