CEIDA
A actividade PLAN B. MISIÓN CLIMÁTICA EN OLEIROS forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.
Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.
Xogo de investigación por grupos onde a través da beiramar do Porto de Santa Cruz os grupos de mozos e mozas descubirán como o cambio climático está impactando nas frontes litorais pola subida do nivel do mar, na hostalería e turismo, no marisqueo... atoparán vestixios das mudanzas climáticas naturais e as compararemos coa actual, así como analizarán propostas de mitigación e adaptación ante a emerxencia climática.
Trátase de que podan achegarse á dura e impactante realidade da emerxencia climática desde un lugar coñecido para eles e elas, ou en todo caso moi semellante ás súas localidades, e que a través do xogo e de dinámicas grupais de exploración, consulta e debate, podan chegar a conclusións do impacto local pero sen esquecer a súa dimensión moito máis severa noutras partes do mundo.
Daremos espazo a falar sobre como nos sentimos con este tema e á ecoansiedade que os últimos estudios atribúen á mocidade española ante a emerxencia climática.
Alumnos e alumnas de ensino secundario, bacharelato e FP de todos os centros educativos de Galicia.
2h-2h.30 min.
Xaneiro-maio 2027
Porto de Santa Cruz, Oleiros
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: [email protected] - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]