CEIDA
A actividade PRADARÍAS MARIÑAS, TESOUROS DE BIODIVERSIDADE forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.
Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.
Na ría do Burgo, na ribeira de Oleiros, está a pradaría mariña máis accesible das rías altas galegas.
As pradarías mariñas son hábitats esenciais, que se atopan na beiramar de todo o mundo, pero pola contra grandes descoñecidas para a poboación. Estas pradarías de fanerógamas mariñas dan refuxio, alimentación e son zona de cría de moitas especis mariñas como os chocos ou os fascinantes cabaliños de mar. Axudan a protexer a beiramar da erosión e actúan como diques naturais, son biodindicadoras e grandes aliadas na froita contra o cambio climático.
Nesta actividade coñeceremos unha pradaría de Zoostera Noltei que foi medrando nos últimos anos, sendo hoxe accesible na marea baixa. Caracterizaremos a pradaría para, entre todos os centros participantes, facerlle un seguimento e investigación dourtas especies que viven nela
e documentaremos as principais descubertas en plataformas de ciencia cidadá deseñadas para estes ecosistemas.
Alumnos e alumnas de 5º-6º de ensino primario, ensino secundario, bacharelato de todos os centros educativos de Galicia.
2 h.
Outubro 2026 - abril 2027
Para realizar esta actividade cómpre que a marea baixa coincida no horario desexado.
Pradaría da Ría do Burgo, concretamente na zona interior da praia de Sta Cristina (Oleiros).
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: [email protected] - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]