Novidades | CEIDA

Novidades

Obradoiro Técnicas Básicas de Debuxo da Natureza

15 Maio, 2012 - 08:00

Do 14 ao 16 de xuño de 2012 o CEIDA organiza o Obradoiro Técnicas Básicas de Debuxo da Natureza, impartido polo debuxante e ilustrador Calros Silvar, e que pretende das a coñecer as técnicas básicas específicas do bosquexo de campo, ademáis de capacitar aos asistentes para realizar apontamentos do natural. Máis información.

Obradoiro Ferramentas para a Participación na Educación Ambiental

7 Maio, 2012 - 08:37

O 8 e 9 de xuño de 2012 o CEIDA organiza o Obradoiro Ferramentas para a Participación na Educación Ambiental, onde varios profesionais pretenden dar a coñecer e analizar metodoloxías que promovan e faciliten os procesos participativos na Educación Ambiental. Máis información

Inauguración da exposición Moito Mar, de Carlos Botana

30 Abril, 2012 - 12:22

O venres, 4 de maio de 2012, terá lugar na sede do CEIDA a inauguración da exposición Moito Mar, do artista Carlos Botana. Participarán no evento o pintor Nando Lestón e o poeta François Devo. A mostra permanecerá na Sala de Exposicións do CEIDA ata o 30 de xuño, e o horario de visitas é de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 19 h., e sábados de 10 a 14 h. Máis información

Boletín Electrónico para Administracións Locais sobre Sustentabilidade e Xestión Ambiental

24 Abril, 2012 - 10:00

O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga do CEIDA acaba de publicar unha edición especial do seu boletín electrónico de novidades bibliográficas, o Boletín Electrónico para Administracións Locais sobre Sustentabilidade e Xestión Ambiental, co patrocinio da Deputación da Coruña. Nel se recolle documentación relacionada con diferentes aspectos da xestión ambiental municipal: desenvolvemento sustentable e axendas 21 locais, residuos, mobilidade, espazos protexidos, enerxía, desenvolvemento rural, auga, educación ambiental e participación cidadá. Descargar boletín

Curso Recursos para a Interpretación do Patrimonio

19 Abril, 2012 - 11:30

Do 3 ao 5 de maio de 2012 o CEIDA, en colaboración coa Asociación para la Interpretación del Patrimonio, organiza o Curso "Recursos para a Interpretación do Patrimonio", onde diferentes profesionais van a presentar un amplo abano de recursos e técnicas para a interpretación do patrimonio, atendendo aos contidos, ás características dos distintos grupos de público, á xestión dese patrimonio e ás particularidades do mesmo. Máis información

I Foro de Sustentabilidade nas Administracións Locais

10 Abril, 2012 - 11:41

O mércores 25 de abril de 2012 o CEIDA, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza o I Foro de Sustentabilidade nas Administracións Locais, que pretende crear un punto de encontro para todas as administracións locais e favorecer a posta en valor das experiencias de sustentabilidade desenvoltas tanto polos concellos como por entidades sen ánimo de lucro, organizacións supramuniciais, etc., creando un escaparate de boas prácticas baseadas nunha xestión ambiental sostible. Máis información.

Exposición "Historias a través del agua"

4 Abril, 2012 - 09:14

Do 4 ao 30 de abril de 2012 o CEIDA acolle na súa sala de exposicións a mostra "Historias a través del agua", unha exposición producida por UNICEF que pretende dar a coñecer diferentes historias en distintos lugares do mundo cun denominador común, a escaseza da auga e a súa problemática. A exposición poderá visitarse de luns a venres, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h. Máis información

Clausura da exposición Lagares Rupestres

27 Marzo, 2012 - 07:32

O vindeiro mércores, 28 de marzo, o CEIDA despídese da exposición Lagares Rupestres cunha nova xornada de Son e Música. A actividade dará comezo ás 20 h. no Castelo de Santa Cruz, onde novamente o cuarteto Thiasos e o viño D.O. Ribeiro acompañarán aos visitantes no seu percorrido pola historia vitivinícola en Galicia. Prégase confirmación de asistencia no correo marta@ribeiro.es ou no teléfono 606 568 050

Son e Viño no Castelo de Santa Cruz

15 Marzo, 2012 - 09:01

O vindeiro sábado, 17 de marzo de 2012, teremos no CEIDA unha cita histórica. A música do cuarteto Thiasos acompañarannos nunha xornada de Son e Viño, incluida dentro do marco de actividades da exposicións Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia. A actividade dará comezo ás 12 h. coa chegada dunha comitiva de autos da época á explanada fronte ao Castelo de Santa Cruz, e a música de Thiasos e o viño D.O. Ribeiro acompañarán aos visitantes no seu percorrido pola exposición. Prégase confirmación de asistencia no correo marta@ribeiro.es ou no teléfono 606 568 050. Máis información

Inauguración da exposición "Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia"

28 Febreiro, 2012 - 09:14

O vindeiro sábado, 3 de marzo, terá lugar na sede do CEIDA a inauguración da exposición "Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia", que recolle o estudo realizado por Luis Paadín na localización dunha veintena de lagares repartidos na xeografía galega, intimamente ligado ás orixes da vitivinicultura. A cita dará comezo ás 12.00 h. coa celebración dun seminario a cargo do responsable do estudo, seguido da inauguración e percorrido pola mostra e degustación dos viños da D.O. Ribeiro. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico marta@ribeiro.es ou no teléfono 606 568 050 A mostra permanecerá na sala de exposicións do CEIDA ata o 30 de marzo de 2012, e poderá visitarse de luns a venres, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h. Máis información