• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Encontros Biosfera: por un novo modelo alimentario: VII Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Vostede está aquí

Encontros Biosfera: por un novo modelo aniversario : VII Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Xuño 2020
Lugar

Actividade online, retransmitidos en directo a través da canle de Youtube do CEIDA: 
https://www.youtube.com/ceidagalicia

Organiza
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • CEIDA
Descrición

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (RB MCeTM) leva 4 anos impulsando un novo modelo alimentario baseado no produto local, de proximidade, ambientalmente respectuoso, e traballando coa comunidade escolar na incorporación de menús baseados na temporalidade dos alimentos e incremento de proteína vexetal, froitas e verdura. Este proxecto de Eco-Comedores, con máis de 2.500 escolares, é a ferramenta que se está a empregar para implantar paulatinamente ese modelo.

Neste contexto, xurden os Encontros Biosfera, como un foro de reflexión sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación. A actividade, organizada para conmemorar o VII aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estará formada por catro encontros virtuais, no que participarán expertos en alimentación sostible a nivel estatal e representantes da Reserva de Biosfera que traballan no ámbito local (científico, político, produtivo...), acompañados da xornalista María López Cedrón,  coordinadora do programa Somos Agro, portal para o sector primario de La Voz de Galicia.

O ciclo tratará de responder á pregunta...

Debería ser a crise do COVID-19 unha oportunidade para reflexionar e mudar o modelo alimentario actual en Europa? 

Programación

VENRES 5 DE XUÑO

CÁTEDRAS UNESCO COMO MOTOR DE CAMBIO

  • D. F. Xabier Medina Luque. Profesor dos Estudos de Ciencias da Saúde da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Director da CÁTEDRA UNESCO de alimentación, cultura y desarrollo UOC.  Director académico e de programas da Área de Coñecemento de sistemas alimentarios, cultura e sociedade da UOC.
  • D. Miguel Fernández Pardo, responsable do programa EcoComedores da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, iniciativa que forma parte do Plan Alimentario da Reserva da Biosfera.

MÁIS INFORMACIÓN

VENRES 12 DE XUÑO

NECESITAMOS UN NOVO MODELO ALIMENTARIO EN EUROPA? POR ONDE COMEZAMOS A APLICAR ESTE NOVO MODELO?

  • Dna. Celsa Peiteado Morales, Responsable do Programa de Alimentos de WWF España, Coordinadora en España do Proxecto LiveWell for LIFE.
  • Dra. Ángeles Romero, Catedrática Nutrición da Universidade de Santiago de Compostela e Membro Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

MÁIS INFORMACIÓN

 

VENRES 19 DE XUÑO

TRABALLANDO POR UN NOVO MODELO ALIMENTARIO

  • D. Eduardo de Miguel Beascoechea, Director – Xerente da Fundación Global Nature.
  • Dna. Bea Ferreira, Directora Escola Infantil A Caracola

 

VENRES 26 DE XUÑO

O VALOR DOS PRODUTOS LOCAIS

  • D. Luis Paadín, Presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia.
  • Dña. Cristina Bañobre, Daterra Do País, produtora da Marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
     
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas