• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

II Encontro Biosfera: necesitamos un novo modelo alimentario en Europa?

Vostede está aquí

II Encontro Biosfera: necesitamos un novo modelo alimentario en Europa?
Data
venres, 12 Xuño, 2020
Horario

De 11 a 12 h.

Lugar

Actividade online, retransmitidos en directo a través da canle de Youtube do CEIDA: 
https://youtu.be/mxMxmBERThs

Organiza
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • CEIDA
Descrición

Foro de reflexión sobre os novos modelos alimentarios baseados nos produtos de proximidade, o consumo de tempada e a reducción da pegada climática na alimentación, que nesta ocasión tratarán a necesidade dun novo modelo alimentario en Europa.

A actividade contará coa participación de:

  • Dna.  Celsa Peiteado Morales. Responsable do Programa de Alimentos de WWF España, Coordinadora en España do Proxecto LiveWell for LIFE.
  • Dna.  Ángeles Romero Rodríguez. Catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O programa estará moderado pola  xornalista   María López Cedrón,   coordinadora do programa Somos Agro, portal para o sector primario de La Voz de Galicia.

Os  Encontros  Biosfera  pretenden  ademáis, celebrar o VII Aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Máis información:  http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/encontros-biosfera-por-un-novo-modelo-aniversario-vii-aniversario-da-reserva

Reseñas das participantes
  • Celsa Peiteado Morales: enxeñeira agronóma pola Universidad Politécnica de Madrid. Interesada polo mundo da agricultura e a alimentación e do medio ambiente, unha bolsa do Ministerio de Agricultura deulle a oportunidade de vincular as súas dúas vocacións e comezar a enfocar o seu futuro profesional. Dende 2004 traballa para o Fondo Mundial de la Naturaleza (WWF) en España, a maior organización conservacionista independente do mundo. Actualmente é a coordinadora de política agraria e alimentación sostible da organización.
  • Mª Angeles Romero Rodríguez: Doutura en Farmacia pola Universidad de Santiago de Compostela. Catedrática de Universidade da Área de Tecnoloxía de Alimentos na USC, no Campus de Lugo (España). Publicou numerosos artigos en revistas científicas de alto impacto, capítulos de libros e ten presentado numerosas comunicacións a congresos internacionais. Ademáis, dirixiu e participou en diferentes proxectos de investigación (europeos, nacionais e autonómicos) e de cooperación. É pioneira na aplicación das técnicas de análise sensorial a alimentos en Galicia (con paneis de catadores entrenados e consumidores), polo que esta liña é un dos piares da súa investigación, xunto coa posta a punto e aplicación de técnicas de análise físico-químicas. Actualmente, lidera un proxecto INTERREG sobre a implementación da Dieta Atlántica en residencias para a 3ª idade. Membro do Comité científico da Reserva de Biosfera MCeTM.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas