O Boletín informativo Amares, de periodicidade mensual a partir de Xanerio de 2007, é froito dun acordo de colaboración coa Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ofrece recursos informativos sobre o medio mariño. Esta publicación electrónica consta de distintas seccións, como eventos e novidades, fondos documentais do centro e recursos electrónicos. Ademáis inclúe un directorio de páxinas web relacionadas co medio mariño e unha sección de contactos de interese.