
Quinto número do sexto volume do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA, corresponde co mes de maio de 2011. Este mes está adicado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, que leva desde o ano 1978 desenvolvendo unha investigación integrada e multidisciplinar en ciencia mariña.

Cuarto número do sexto volume do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA, correspondente ao mes de abril de 2011. Este mes está adicado ao naturalista e escritor Carlos de Prada, que leva máis de vinte anos traballando como xornalista ambiental, divulgando, denunciando e escribindo sobre a beleza do noso Planeta e os seus valores naturais.

Terceiro número do sexto volume do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA, correspondente ao mes de marzo de 2011. Este mes está adicado á Sociedade Galega de Ornitoloxía, asociación sen ánimo de lucro que leva 12 anos traballando no estudo e conservación das aves silvestres e os seus hábitats en Galicia, fomentando en toda a sociedade a paixón polo mundo das aves e o compromiso coa natureza e a súa protección en xeral.

Segundo número do sexto volume do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA, correspondente ao mes de febreiro de 2011. Este mes está adicado Ansel Adams, fotógrafo e ecoloxista estadounidense coñecido por captar coa súa cámara a maxestuosidade dos espazos naturais de Estados Unidos, facendo das súas fotografías un icono da beleza natural deste país a nivel mundial.

Primeiro número do sexto volume do Boletín de Novidades editado polo Centro de Documentación do CEIDA, correspondente ao mes de xaneiro de 2011. Este mes está adicado aos Museos Científicos Coruñeses, un servizo municipal do Concello da Coruña que pretende achegar a Ciencia á cidadanía de forma amena e atractiva a través de exposicións, actividades formativas e múltiples materiais que dan resposta ás inquedanzas da poboación sobre temas científicos de actualidade.