Publicacións editadas polo CEIDA | CEIDA

Publicacións editadas polo CEIDA



A xestión do litoral

VALES, C. (coord.). A xestión do litoral. Liáns (Oleiros): CEIDA, DL 2009. (Documentos para a Educación Ambiental do CEIDA; 3). 111 p.
Libro xestion litoral

Galicia ten unha costa moi extensa se a comparamos coa superficie total do seu territorio, e moita da poboación galega ten unha relación directa ou indirecta con ela. Actividades económicas, espazos simbólicos, núcleos de poboación... todo un entramado socio-económico e cultural relacionado co mar que ten un impacto ambiental enorme. Axudar a entender os procesos e conflitos existentes coa xestión do litoral é o obxectivo deste libro, que recolle aportacións diversas e puntos de vista que foron presentados nas Xornadas sobre a Xestión do Litoral organizadas polo CEIDA en abril do 2007.

Prezo: 15 €

Educación ambiental y cambio climático: respuestas desde la comunicación, educación y participación ambiental

HERAS, F.; etc. (coords.). Educación ambiental y cambio climático: respuestas desde la comunicación, educación y participación ambiental. Santa Cruz (Oleiros): CEIDA, DL 2010
Libro educacion ambiental e cambio climatico

Esta publicación é unha escolma das experiencias e reflexións mais significativas dos ultimos anos no Estado sobre a comunicación e educación ambiental fronte ao cambio climático. Case todas as entidades e persoas participantes na mesma, forman parte asemade do Seminario Permanente de Respostas dende a Comunicación, Participación e Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático que anualmente organiza o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) e a Oficina Española de Cambio Climático (OECC).

Prezo: 20 €

Folleto Divulgativo Día Mundial do Medio Ambiente 2010

Folleto GADISA 2010

Folleto divulgativo sobre cambio climático editado polo CEIDA, en colaboración co Grupo GADISA, en conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente 2010.

O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático: Caderno de actividades didácticas secundaria

GALICIA. DIRECCIÓN XERAL DE SOSTIBILIDADE E PAISAXE; CEIDA. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático: Caderno de actividades didácticas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, DL 2009.

Actualización do caderno de actividades para educación secundaria que acompaña á exposición sobre cambio climático.

O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático: Caderno de actividades didácticas secundaria

O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático: Caderno de actividades didácticas secundaria. A Coruña: CEIDA, DL 2007. 20 p.
Imaxe do caderno

Caderno de actividades para educación secundaria que acompaña á exposición sobre cambio climático.