Revista AmbientalmenteSustentable | CEIDA

Revista AmbientalmenteSustentable



AmbientalMente Sustentable número 7

AmbientalMENTEsustentable. Xaneiro-Xuño 2009. Ano IV. Vol I, núm. 7
AmbientalMente Sustentable n7

O presente número é un monográfico que recolle moitas das aportacións realizadas dende o Seminario "Comunicación, Educación e Participación fronte ao Cambio Climático" que, con periodicidade anual, vense celebrando coordinado polo CENEAM e co auspicio do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino a través do Organismo Autónomo Parques Nacionais.
Nel se recompilan estudos que se están a facer sobre a perspectiva social e a ameaza que supón o cambio climático, poñendo especial fincapé nos problemas da comunicación. Tamén preséntanse algunhas formas innovadoras e exitosas de comunicación e de participación, xunto a unha serie de traballos de investigación e experiencias que poden servir como marco de reflexión e acción.

Se desexa recibir máis información sobre a revista e a súa subscrición pode poñerse en contacto co Centro de Documentación do CEIDA.

AmbientalMente Sustentable número 6

AmbientalMENTEsustentable. Xullo-Decembro 2008. Ano III. Vol II, núm. 6
AmbientalMente Sustentable n 6

Este novo número é un monográfico sobre os usos de muitos dos espazos forestais que teñen un necesario uso social, científico e educativo: os parques periurbanos, xardíns botánicos e áreas forestais. Estes lugares están a funcionar, non só como pulmóns verdes e para o lecer, si non tamén como lugares para construir ciencia e cidadanía democrática, espazos vivos para a divulgación científica, a investigación e a sensibilización. A maior parte dos artigos corresponden ás ponencias presentadas no Seminario Internacional "Usos sociais e parques forestais, xardíns botánicos e outras áreas forestais", organizado polo CEIDA durante o mes de abril de 2008.

Se desexa recibir máis información sobre a revista e a súa subscrición pode poñerse en contacto co Centro de Documentación do CEIDA.

AmbientalMente Sustentable número 5

AmbientalMENTEsustentable. Xaneiro-Xuño 2008. Ano III. Vol I, núm. 5
Portada número 5

A educación ambiental nace fortemente vinculada aos sistemas educativos das distintas nacións; os procesos de institucionalización, dinamizados a nivel internacional fundamentalmente pola UNESCO, o fixeron así posible. Mais cada Estado asumiu de forma diferenciada o seu compromiso educativo repecto ás relacións que deben manter as persoas co medio ambiente.
Neste quinto número, a revista AmbientalMente Sustentable presenta reflexións teóricas, experiencias de investigación e de participación, así como estratexias de acción e recursos para seguir traballando dede o ámbito da educación formal.

Se desexa recibir máis información sobre a revista e a súa subscrición pode poñerse en contacto co Centro de Documentación do CEIDA.

AmbientalmenteSustentable número 4

AmbientalMENTEsustentable. Xullo-decembro 2007. Ano II. Vol II núm. 4
Portada número 4

A Comisión Española de Educación e Comunicación da UICN, en colaboración co CEIDA, realizou en setembro de 2007 un seminario sobre os instrumentos sociais na conservación de especies. Neste número da revista, de carácter monográfico, preséntanse estudos de caso e accións para mellorar, a través dos distintos intrumentos sociais (comunicación, educación, participación e sensibilización), a conservación da fauna.

Se desexa recibir máis información sobre a revista e a súa subscrición pode poñerse en contacto co Centro de Documentación do CEIDA.

AmbientalmenteSustentable número 3

AmbientalMENTEsustentable. Xaneiro-xuño 2007. Ano II. Vol I núm. 3
Portada número 3

Ante a problemática ambiental, os modelos inxustos de desenvolvemento e as prácticas insostibles de xestión do medio, a educación ambiental preséntase como un necesario instrumento de intervención social, que axuda a definir novos actores e de "resignificar" o mundo. Unha vez máis, este novo número pretende divulgar os esforzos de investigación, análise e reflexións que se están a facer no ámbito educativo, tendo como escenario o mundo lusófono e Galicia, máis coa necesaria perspectiva de recibir aportacións desde outras realidades.

Se desexa recibir máis información sobre a revista e a súa subscrición pode poñerse en contacto co Centro de Documentación do CEIDA.