A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo pola comunidade científica. En resposta a este consenso, en xaneiro de 2020 o goberno declarou a Emerxencia Climática como punto de inflexión para posta en marcha de accións que permitan avanzar na redución, mitigación e na inevitable adaptación aos escenarios climáticos actuais.
O programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, achega á mocidade participante a realidade científica que hai detrás da Emerxencia Climática, para mobilizala como axentes actuais e no futuro a prol dunha humanidade que loita e coida por todas as formas de vida.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional de toda a provincia da Coruña.
Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA: educacion@ceida.org
O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org