CEIDA
A actividade CANTA CUCO forma parte do programa de educación ambiental MUNDOS AGOCHADOS, que pretende achegar a natureza de proximidade ás contornas urbanas, promovendo o seu coñecemento, valoración e conservación. A través de diferentes hábitats —beiramares, rías, bosques e xardíns— propón descubrir a biodiversidade que nos rodea.
Está composto por sete actividades que combinan ciencia, cultura e educación ambiental en formatos diversos, desde percorridos guiados ata xogos colectivos. Tamén a literatura e a tradición oral como ferramentas para explorar a nosa relación coa natureza forman parte do mesmo. Un programa para comprender os grandes desafíos ambientais desde o local e gozar dos «mundos agochados» que existen ao noso redor.
En Canta Cuco propoñemos un achegamento lúdico e divulgativo á natureza e ao medio ambiente de Galicia utilizando como fío condutor a poesía e a música oral tradicional (o cancioneiro galego).
Nesta actividade vincularemos o noso o patrimonio cultural inmaterial (coplas, cancións populares, refráns) coa biodiversidade, as paisaxes e a etnografía galega, amosando como a natureza estivo sempre moi presente na nosa cultura popular. Coñeceremos moitas especies que nos rodean, analizaremos cal era a relación con elas a través das cualidades coas que quedaron reflictidas na nosa tradición oral e compararemos co coñecemento e coas especies coas que nos relacionamos hoxe.
Actividade de educación ambiental deseñada para transversalizar coas áreas de música, artes escénicas, literatura galega, clubes de lectura, etc.
Alumnas e alumnos de Educación Primaria (3º -6ª) de todos os centros educativos de Galicia.
1h.30 min.
Xaneiro-xuño 2027
Desenvolverase no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, a biblioteca verde do CEIDA, con sede no Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros).
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: [email protected] - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]