• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

II Xornadas Internacionais de Educación Ambiental do CEIDA

Vostede está aquí

II Xornadas Internacionais de Educación Ambiental do CEIDA
Dispoñibles ponencias en PDF!
Data
luns, 23 Abril, 2018 a venres, 27 Abril, 2018
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora
  • Organismo Autónomo Parques Nacionales
  • Comité Español UICN
  • Consello da Cultura Galega
  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Associaçao Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA)
  • Gadis
  • Hijos de Rivera
Obxectivos
  • Crear un marco de reflexión sobre a historia e os desafíos da Educación Ambiental como ferramenta para contribuír á sostibilidade e á mellora da problemática ambiental.
  • Reflexionar sobre o estado e os problemas da Educación Ambiental en Galicia e outros países con afinidades culturais e lingüísticas como son Portugal, Brasil e Cabo Verde.
  • Contribuír á formación e á mellora profesional dos educadores ambientais para aumentar a eficacia do uso da Educación Ambiental como ferramenta de intervención social.
  • Robustecer as relacións de cooperación internacional entre administracións e os educadores ambientais.
Dirixido a

Educadoras/es ambientais, educadoras/es sociais, dinamizadores culturais, técnicos/as municipais, profesionais do ámbito da xestión ambiental, profesorado e público xeral interesado.

Programa

LUNS 23 DE ABRIL 

SESIÓN DE MAÑÁ
9.30 h. Recepción de participantes e entrega de documentación.

  • 10.00 h. Acto Inaugural:
    • D. Ángel García Seoane, Alcalde do Concello de Oleiros.
    • Dna. Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.
    • D. Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña.
    • D. Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega.
    • D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA.
  • 10.45 h.Conferencia Inaugural:
    • D. Luis Moita, Profesor Catedrático de “Teorías das Relacións Internacionais”, Director do Departamento de Relacións Internacionais e membro do Consello Científico da Universidade Autónoma de Lisboa.

11.30 h. Descanso.

  • 12.00 h. Contextualización Histórica da Educación Ambiental en Galicia:
    • D. Juan Casares Long, Catedrático en Enxeñaría Química e ex-Reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Director Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (CITA) da Xunta de Galicia
    • D. Xosé A. Fraga Vázquez, Director do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses
    • Dna. Araceli Serantes Pazos, Profesora da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña

SESIÓN DE TARDE
16.30 – 18.00 h.
Mesa Redonda: Outras iniciativas asociadas á Educación Ambiental en Galicia.
Modera: Miguel Pardellas Santiago, Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA):

  • Cooperativa de Enerxía Verde “Nosa Enerxía S.C.G.”
  • Colectivo Decrecentista “Véspera de Nada”
  • Colectivo dos comúns “Montenoso”
  • Sindicato Agrario “Sindicato Labrego Galego”

 

MARTES 24 DE ABRIL 

SESIÓN DE MAÑÁ

  • 10.00 h. Boas prácticas en Educación Ambiental. Modera: D. Rodrigo López Piquín, Concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente do Concello de Oleiros.
    • O Programa Ambiental da Universidade da Coruña. D. Manuel Soto Castiñeira, Catedrático de Enxeñaría Química e Director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.
    • Programas Educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dna. Carmen Baña Rial, Asesora Programas Educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
    • Proxecto “Tralas pegadas de Díaz Castro”. Dna. Olga Aguiar Enríquez, Directora do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
    • Programa Revitaliza. A Xestión de residuos na provincia de Pontevedra: a compostaxe. D. Manuel Domínguez Rey, Ventos, Estudos Ambientais

11.30 h. Descanso

  • 12.00 Boas prácticas en Educación Ambiental. Modera: D. Xosé Lois Suárez Becerra. Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada.
    • Meteoescolas. Dna. Ana Lage González, MeteoGalicia, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.

    • Proxecto Ríos. Dna. Virxinia Rodríguez, Presidenta de ADEGA e D. Ramsés Pérez, Vogal de Educación Ambiental de ADEGA.

    • Voz Natura. Dna. Nazareth Díaz, Coordinadora do Programa Voz Natura e D. Alejandro Díaz, Portavoz do Comité Científico. Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.
    • Os media como instrumento de sensibilización ambiental. D. Benito Garcia, Comunicador ambiental e Presidente de galiciaambiental.org, productores de SER sostenibles-Radio Coruña, Ferrol e Nordés.

SESIÓN DE TARDE
Saídas de Campo (Optativas):
a) Visita a Equipamentos Ambientais no Concello de Oleiros:
Coordina: D. Sergio París Gómez, Educador Ambiental do CEIDA.
- Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe.
Presenta: Dna. Cristina Carrión Rodríguez, Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.
- Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes - Aula del Mar.
Presenta: Dna. Marlene Anaya García, Presidenta da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP).
b) A Ría do Burgo e o seu potencial para a Educación Ambiental.
Coordina: Antonio Sandoval Rey, Escritor e Comunicador Ambiental.
- Visita á Aula da Natureza Juan Lembeye e á Ría do Burgo – Concello de Culleredo.
- Percorrido pola Ría do Burgo e observación ornitolóxica.
 

MÉRCORES 25 DE ABRIL 

​SESIÓN DE MAÑÁ

  • 10.00 h. A Educación Ambiental fronte ás ameazas no medio mariño. Modera: D. Francisco Javier Sanz Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña e Director do Observatorio do Litoral.
    • D. Antonio García Allut, Doutor en Antropoloxía Social e profesor da Universidade da Coruña, Director da Fundación Lonxanet.
    • Dna. Carmen Berrio, Proxecto LIFE INTEMARES da Fundación Biodiversidad.
    • D. José A. Fernández Bouzas, Director Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
    • D. Juan Antonio López Jaime, Presidente do Comité Español da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) e Director da Aula do Mar de Málaga.

11.30 h. Descanso

  • 12.00 h. Boas Prácticas no Medio Mariño. Modera: D. Santiago Parra Descalzo, Director do Centro Oceanográfico de A Coruña
    • D. Francisco Franco del Amo, Director Técnico do Aquarium Finisterrae, Museos Científicos Coruñeses
    • D. Alfredo López Fernández, Presidente da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
    • D. Xosé M. Barros Hermida, Socio Fundador de Mar de Fábula (A industria turística dos cruceiros e o seu impacto no medio mariño)
    • Dna. Pilar Monterrubio, Iniciativa REEDUCAMAR, Equipo Técnico do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)

SESIÓN DA TARDE

  • 16.30 – 18.00 h. A Educación Ambiental en España. Modera: Dna. Marlene Anaya García, Presidenta da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP)
    • A Educación para a sostibilidade en España. D. Javier Benayas del Álamo, Profesor Titular de Ecoloxía, Departamento de Ecoloxía da Universidad Autónoma de Madrid. Coordinador do programa interuniversitario de doutorado en “Educación Ambiental” e codirector do “Master en Xestión de Espazos Naturais Protexidos” promovido pola Fundación Fernando González Bernáldez e polas Universidades Autónoma, Complutense e Alcalá de Henares.
    • A traxectoria do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM). D. Javier Pantoja, Director do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)
    • A importancia da Documentación na Educación Ambiental.
      • Dna. Rosario Toril Moreno. A experiencia do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)
      • Dna. Ana Pardo Cereijo. A experiencia do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)

 

XOVES 26 DE ABRIL 

​SESIÓN DE MAÑÁ

  • 10.00 h. Boas prácticas en Educación Ambiental no contexto global. Modera: D. Antonio Fraga Sánchez, 1º Tenente de Alcalde do Concello de Curtis
    • A importancia da Educación Ambiental. Dna. Susana Calvo Roy, Xefa de Servizo de Formación do Organismo Autónomo Parques Nacionales e Presidenta da Comisión de Educación e Comunicación da UICN.
    • Educación e participación ambiental en Andalucía: Experiencias e retos de futuro. D. Ricardo de Castro Maqueda, Xefe de Servizo de Educación Ambiental e Formación, Consejería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio da Junta de Andalucía.
    • A Educación Ambiental no Brasil. Experiencias de Boas Prácticas. Dna Simone Portugal, Laboratorio de Educaçao e Política Ambiental da Universidade de Sao Paulo. Pesquisadora Colaboradora da Universidade de Sao Paulo.

11.30 h. Descanso.

  • 12.00 h. A Educación Ambiental e as Reservas de Biosfera. Modera: D. César Longo Queijo, Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e Alcalde do Concello de Paderne
    • Conferencia Maxistral. A educación ambientada na paisaxe: o enxeño das Reservas da Biosfera.  D. Sergio Guevara Sada (México), Coordinador da Cátedra UNESCO-UNITWIN, Reserva de Biosfera en Ambiente Urbano, e Presidente da Red UNESCO IBEROMaB. Presenta: José A. Santiso Miramontes , Presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e Alcalde de Abegondo.
    • O potencial das Reservas de Biosfera para a Educación Ambiental. Equipo Técnico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do CEIDA.
    • A Educación Ambiental en Cabo Verde. Declaración de Reservas de Biosfera e as súas oportunidades. D. Alexandre Nevsky Rodrigues, Director Nacional do Ambiente do Ministerio de Agricultura e Ambiente de Cabo Verde.
    • A Educación Ambiental na Reserva da Biosfera “Ilha do Príncipe”. Dna. Ana Alice, Directora Rexional do Ambiente e Conservación da Natureza da Reserva da Biosfera Ilha do Príncipe.

SESIÓN DE TARDE

  • 16.30 – 18.00 h. Educación Ambiental: Experiencias e boas prácticas. Modera: D. José Ángel Sánchez López, Xeógrafo.
    • A experiencia en Educación Ambiental do Comité Español da Unión Internacional para a Conservación da Natureza. D. Jesús Bellido López, Coordinador da Oficina Técnica do Comité Español.
    • O traballo de sensibilización ambiental dende a Fundación Oxígeno. D. Roberto Lozano Mazagatos, Presidente da Fundación Oxígeno e da Asociación de Fundaciones para la Conservación de la Naturaleza (AFN).
    • Un exemplo de Educación Ambiental desenvolvido no contexto universitario. Dna. Margarida Correia Marques, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

 

VENRES 27 DE ABRIL 

SESIÓN DE MAÑA

  • 10.00 h. A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático e os Incendios forestais. Modera: D. Domingo Calvo Dopico, Vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sostibilidade, Universidade da Coruña.
    • D. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Catedrático Emérito de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello de Cultura Galega.
    • D. Pablo Meira Cartea, Profesor Titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela.
    • Dna. María da Conceiçao Almeida Colaço, Enxeñeira forestal, investigadora no Instituto Superior de Agronomía da Universidade de Lisboa e autora da tese sobre a importancia da Educación Ambiental para reducir os incendios en Portugal.

11.30 h. Descanso

  • 12.00 h. Percorrido histórico dos Congresos de Educación Ambiental para os países lusófonos e Galicia. Modera: D. Jorge Blanco Ballón, Xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
    • D. Marcos Sorrentino, Profesor da Universidade de São Paulo, Escola Superior de Agricultura Luiz de Queiroz, Departamento de Ciencias Florestais. Coordinador do Laboratório de Educación e Política Ambiental (OCA) e Ex_Director de Educación Ambiental no Ministério do Meio Ambiente do Brasil.
    • D. Joaquim D. Ramos Pinto, Presidente da Direção Nacional da Associaçao Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA).
    • Dna. Aidil Borges, Coordinadora de proxectos de Educación, Formación no Ministério de Educação do Governo de Cabo Verde.
    • D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA.

13.30 h. Balance das xornadas, conclusións e propostas de futuro

14.00 h. Clausura

  • Dna. Ana María Díaz López, Directora Xeral de Patrimonio Natural, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia
  • D. Carlos Aymerich Cano, Secretario Xeral da Universidade da Coruña
  • D. Rodrigo López Piquín, Concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente do Concello de Oleiros
Inscrición
  • Asistencia gratuita.
  • Prazas limitadas.
Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas