• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Un novo mundo por descubrir: os espazos naturais protexidos da provincia da Coruña (Programa Para unha Transición Ecolóxica)

Vostede está aquí

Un novo mundo por descubrir: os espazos naturais protexidos da provincia da Coruña (Programa Para unha Transición Ecolóxica)
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivo xeral

A provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en Concellos ubicados no seu interior.

O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Obxectivos específicos
  • Coñecer o patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.
  • Analizar os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.
  • Entender as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.
Dirixido a

Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional de toda a provincia da Coruña.

Actividades

As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte constructiva e emocional ten unha gran importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos.  Con este fin utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.

As actividades educativas destinadas aos centros de ensino están vinculadas ó currículo escolar, polo que e convinte organizar a actividade previamente cos/coas profesores/as e completala con accións previas e posteriores na aula.

O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:

  • Primeira sesión:
    • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.
    • Duración: 50 minutos.
  • Segunda sesión:
    • Ruta guiada polo espazo escollido: Parque Natural das Fragas do Eume, Parque Natural do complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de carregal e Vixán, ou Reserva da Biosfera das mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (esta última, con dúas opcións: Monumento Natural da Costa de Dexo ou Illa e Castelo de Santa Cruz).
    • Duración: 2 horas e media – 3 horas (según o percorrido).

                   * En caso de escoller a opción 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Illa de Santa Cruz', a duración do roteiro será de 1 hora e 30 min

Contidos
  • Que é un espazo natural protexido? E unha reserva da biosfera? Por que?
  • Situación do espazo. Importancia e valores dos mesmos.
    • Valores naturais: fauna, flora, xeoloxía, relevo, paisaxe.
    • Valores sociais: cultura, tradición, historia, aproveitamento.
  • Problemáticas ambientais dos espazos. Propostas e medidas para a súa conservación e aproveitamento.
Período de realización e custo da actividade
  • As actividades desenvolveranse duranteo curso escolar 2023-2024.
  • A realización das mesmas é gratuita para todos os centros educativos, agás os gastos de transporte que corren a cargo do centro solicitante.
Material complementario
  • Exposición itinerante 'Galicia, conservando a natureza', dispoñible en préstamo.    Máis información 
  • Exposición itinerante 'Descubre a Rede Natura 2000 en Galicia', dispoñible en préstamo.    Máis información
  • Exposición itinerante 'Reservas de biosfera', dispoñible en préstamo.    Máis información 
  • Maletas naturalistas: coñecendo o noso patrimonio natural, dispoñibles en préstamo, que inclúen guías de flora, fauna, fungos... para coñecer o patrimonio natural máis próximo.    Máis información
Solicitudes
  • Las solicitudes se realizarán a través del formulario.
  • Máis información sobre este programa:  educacion@ceida.org  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio